Varias iniciativas en torno ao 24 de febreiro, Día de Rosalía, hoxe

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Carballo ou Cerceda acollen actividades: dende a colocación dunha placa ata un recital

24 feb 2021 . Actualizado a las 12:05 h.

Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o Día de Rosalía de Castro. En Carballo, ás 13.00, na rúa que leva o seu nome, instalarase unha placa violeta. Neste mesmo concello, o IES Isidro Parga Pondal acolle unha serie de iniciativas (podcast, vídeo, exposición, recital...) impulsadas dende o departamento de Lingua Galega, EDLG e biblioteca. En Cerceda, de 10.00 a 13.00, o salón de plenos acollerá unha lectura da súa obra.