Carballo acolle, a ceo aberto, unha exposición sobre Carvalho Calero

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

A mostra, que se poderá ver ata o 1 de marzo, está na Praza do Concello, ao carón da rúa Colón

15 feb 2021 . Actualizado a las 18:18 h.

Ata o 1 de marzo • Carballo acolle dende este luns, a ceo aberto e no corredor paralelo á rúa Colón, na Praza do Concello, unha exposición que percorre vida e traxectoria de Ricardo Carvalho Calero nun total de 13 paneis. A posibilidade de ter a mostra na capital de Bergantiños é froito da colaboración entre a Deputación da Coruña, promotora desta iniciativa de divulgación, e o Concello de Carballo, a través das súas respectivas áreas de Normalización Lingüística, que dalgún xeito queren resarcir ao autor con esta exposición que axude a difundir o seu legado entre os cidadáns. «Ninguén pon en cuestión que o covid-19 fixo que a conmemoración do Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero, tan demandando e agardado, quedara desdebuxado tanto polo confinamento e polo peche dos centros de ensino como pola imposibilidade de organización de actos con asistencia de público», manifestou a deputada María Muíño, quen incide na seguridade desta proposta, ao ser ao aire libre.

Esta exposición chega a Carballo logo de ter pasado por Ferrol, cidade natal do autor, e por A Coruña. Na localidade estará ata o 1 de marzo.