Concurso de lemas en Carballo para desmontar o amor romántico

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Igualdade e Normalización Lingüística organizan esta proposta con motivo do 14 de febreiro

13 feb 2021 . Actualizado a las 23:32 h.

Igualdade e Normalización Lingüística de Carballo convocan o primeiro concurso de lemas Desmontando o amor romántico, con motivo de San Valentín (14 de febreiro). Trata de concienciar aos mozos sobre falsos tópicos: que o amor pode con todo, que o amor de parella é necesario para dar sentido á vida, que os fiumes son proba de amor... Pode participar calquera usuario de Instagram e, necesariamente, os lemas serán en galego. Será preciso usar unha imaxe ou vídeo no que poida lerse ou escoitarse ese lema que se propón, etiquetando @carballomola, #igualdadecarballo, #desmontandoamorromantico, #normalizaciónlingüisticacarballo e #diadoamorcarballo. O prazo vai dende este martes, día 2 de febreiro, ata o 12, a medianoite. Ha de enviarse a proposta, tamén, ao Whatsapp 604 072 887, coa correspondente identificación de autoría. Todos os participantes recibirán un agasallo e sortearase, doutro lado, un xantar/cea para dúas persoas nun local hostaleiro de Carballo.