Comezou, no Casino 1889, o segundo ciclo Galidoc

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Fíos fóra, historias de obreiras entre costuras e patróns foi a primeira peza proxectada

17 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha peza da produtora galega Illa Bufarda abriu a segunda edición do ciclo documental Galidoc, no Casino de Carballo. Fíos fóra, historias de obreiras entre costuras e patróns, foi proxectada onte tras unha breve introdución sobre a peza e cun coloquio posterior ao visionado.

O filme recolle a historia do sector téxtil galego, «onde dende os anos 60 as mulleres foron a man de obra fundamental para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada», expresaban estes días dende a directiva da entidade carballesa. A través do relato de seis mulleres artéllase esta peza audiovisual, encargada pola asociación Amarante Setem e na que o xigante Inditex rexeitou participar aportando o seu punto de vista.

Haberá outras tres proxeccións neste ciclo Galidoc.