Finou en Carballo María Martínez, a nai da xornalista Cristina Abelleira

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

As honras fúnebres están previstas para hoxe ás catro da tarde. Está fixada a saída do tanatorio para un cuarto de hora antes

11 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte finou en Carballo María Martínez Fraga, de 85 anos. Era viúva de José Abelleira, exgarda civil que exerceu no cuartel carballés. Deixa dúas fillas, Conchita e Cristina Abelleira Martínez. Esta última é xornalista e traballou durante máis de dous decenios en La Voz de Galicia, na redacción de Carballo. Fran Eirís é o seu xenro e Saúl, o seu neto.

María Martínez era unha muller xovial e de moi bo trato. Durante moitos anos da súa xubilación participou nas actividades organizadas polo Concello de Carballo para as persoas maiores.

As honras fúnebres están previstas para hoxe ás catro da tarde. Está fixada a saída do tanatorio para un cuarto de hora antes. Na igrexa de San Xoán Bautista oficiarase un funeral. Deseguido terá lugar o enterro no cemiterio parroquial. María está sendo velada nas instalacións do grupo Bergantiños, na avenida de Fisterra.