Ricardo Pallas: «O futuro de moitos negocios depende do que fagan entre este mes e maio»

O vencemento do pago a provedores pon nunha difícil tesitura a boa parte do comercio local, explica o presidente do CCA de Carballo


Carballo / La voz

O CCA de Carballo ultima a preparación dun documento con propostas para o Concello de Carballo e a Xunta de Galicia de cara a recuperación do comercio local, que leva mes e medio pechado. O presidente da entidade, Ricardo Pallas, informou de que se darán a coñecer á opinión pública.

-Como está o comercio carballés?

-Seguen sen chegar as axudas. Hai xente que solicitou créditos ICO e non os ten e tamén a tramitación dos do Igape vai a modo. A burocracia é demasiado lenta. Tamén os traballadores, que no pequeno comercio son como da familia, están sen cobrar polos ERTE.

-Manteñen o contacto cos asociados?

-Temos reunións telemáticas e pasamos a información á que temos acceso. Estamos a elaborar un documento con propostas para presentar ao Concello de Carballo e á Xunta porque precisamos a axuda das dúas Administracións. Estamos a pensar tódolos días, na procura de solucións, non só para o momento actual senón tamén para cando se poida abrir. Estámonos dándolle voltas aos protocolos que imos ter que aplicar e ás actividades que poderemos facer, xa contando coas que xa sabemos que non se van poder realizar contando co sentido común Temos que ver todo de novo.

-En que sentido vai ese documento?

-Recolle medidas económicas, de reactivación comercial e de funcionamento da asociación. A idea é saír disto o máis unidos posible, pero precisamos apoio para que a asociación se manteña, o que a día de hoxe é bastante complicado.

-E que pasara cando poidamos saír e se poida abrir de novo?

-Non vai ser o mesmo e nas campañas temos que ter en conta que non poderá haber xuntanza de xente. Non poderemos meter 2.000 persoas na praza como o ano pasado co Que rule. Temos que modificar os programas que temos presentados. Haberá que buscar vías novas para volver á actividade.

-Para o comercio con produto de tempada a situación non pode ser máis difícil.

-A primavera-verán está perdida. A situación é moi difícil aínda que se recupere a actividade económica, pero estamos nun estado de alarma sanitaria e o primeiro que temos que facer é garantir a seguridade de clientes, empregados e propietarios. Feito isto é importante axilizar o máis posible as axudas porque pode haber moitos peches porque hai xente que non pode facer fronte aos gastos. A mercancía foi chegando nos meses de xaneiro, febreiro e marzo e aínda que se foi aprazando o vencemento do pago a provedores imos ter que facelo pronto. O futuro de moitos negocios depende do que fagan entre este mes e maio. O financiamento ten que chegar ou vai haber moito endebedamento. Necesitamos axudas directas a fondo perdido. Se non se xeran ingresos é imposible continuar.

-Pero a mercancía de temporada non ten moito sentido fóra da temporada.

-O que non ten é o mesmo valor. Dependerá de cada un dos sectores, pero o principal problema é que non sabemos nin cando vai volver a actividade.

-Algúns pedían prohibir as rebaixas.

-Lóxica non lle vexo moita porque hai unha regulación superior que é a europea e xa estamos a ver en páxinas web ofertas que son como as rebaixas. Está cheo de produtos con descontos e sabemos que os grandes sempre encontran un oco legal. Pareceríame ben esa idea, pero non lle vexo o xeito de facelo.

-Iso non sería garantía de maiores vendas.

-Eu creo que o problema é a seguridade e a confianza. Esta é unha situación nova para todos e temos que ver cómo evoluciona.

 DEMANDAS

Medidas económicas

Agilidad burocrática. Los pequeños empresarios se quejan de la excesiva lentitud de la Administración tanto para la tramitación de créditos como para las ayudas para los empleados. Tras mes y medio de cierre no han cobrado ni los unos ni los otros.

Fondo perdido. El sector considera necesarias ayudas nominativas a fondo perdido para alquileres y para otros pagos imprescindibles, como los destinados a proveedores.

Medidas sociales

Desescalada desigual. Muchos comerciantes de la zona consideran que se dan las circunstancias para poder iniciar la desescalada. La limitación de los accesos y la adecuación de los espacios para mantener la distancia social son medidas fáciles de llevar a cabo. Las asociaciones señalan que el comercio en localidades pequeñas no es igual que el de las ciudades y destacan las escasa incidencia del covid en la Costa da Morte.

Protocolos concretos. Otra de las reclamaciones generalizadas es que una vez que se permita abrir a los comercios haya un protocolo concreto sobre las desinfecciones y la forma en que se debe actuar. Los empresarios demandan que no haya cambios de opiniones y que la información fluya de forma clara.

Campañas. En todas las asociaciones tienen claro que se avecinan tiempos muy difíciles para el comercio y que tanto el tiempo de cierre como la apertura posterior pasarán factura. Ese es el motivo por el que ya están pensando en las campañas que habrá que realizar para que la gente vuelva a tener confianza en el comercio local.

«Es muy difícil dar con una medida estrella, con una solución para esto»

Juan José  Merino, presidente de la asociación de empresarios de Ponteceso, Cabana y Laxe

Juan José Merino es el presidente de la asociación de empresarios de Ponteceso, Cabana y Laxe. Confiesa que en estas circunstancias es muy complicado ofrecer una solución, pero cree que hay que incidir en algunos puntos. «Es importante ver el tema de los alquileres y flexibilizar las condiciones de los autónomos para acogerse a otro tipo de ayudas», dice. No considera necesario llegar a una caída de los ingresos del 75 % porque con un 50 % el negocio ya es deficitario.

Coincide en que en los pueblos la desescalada puede iniciarse antes, por el tipo de comercio y porque en los espacios comunes suele haber poca gente, por lo que es fácil mantener la distancia social. En todo caso, cree que la salida a la crisis será a largo plazo.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Ricardo Pallas: «O futuro de moitos negocios depende do que fagan entre este mes e maio»