Os «mundos silenciados» terán a súa voz en Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

«Pedrón do Freixo" abrirá mañá xoves o ciclo de documentais»

12 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Pedrón do Freixo abrirá mañá xoves o ciclo  de documentais galegos que chega ao Pazo da Cultura baixo o título de Mundos silenciados. Tódalas proxeccións serán ás 20.00 horas e de acceso gratuíto.

O director dese traballo, Ángel Cordero, estivo onte na presentación xunto co concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. O documental do profesor da Escola de Imaxe e Son fala da parroquia de O Freixo e do seu despoboamento e de Pedrón, un home de 83 anos cunha vida chea de duras experiencias pero moi bo humor.

Completan o ciclo, que terá pases cada xoves, Esquece Monelos, de Ángeles Huerta, que fala da perda de memoria facendo referencia ao pequeno río de A Coruña que vai canalizado. Obtivo tres premios Mestre Mateo.

Hamada, de Eloy Domínguez Serán, é a terceira proxección, xa o 20 de marzo, e o ciclo pecharase o 26 con Idénticas, de Luis Avilés, sobre dúas xemelgas cunha enfermidade moi rara. Tamén levou un Mestre Mateo.