
O municipio é un dos 18 seleccionados para optar ao premio Folla Verde Europea 2021
29 dic 2019 . Actualizado a las 15:28 h.n Andrade Tasende (Carballo, 34 anos), enxeñeiro industrial, é o concelleiro responsable das áreas de Formación e Emprego, pero tamén dunha moi ampla e multidisciplinar como a de Innovación. Baixo o seu paraugas, Carballo opta aos Premios Folla Verde Europea 2021 (European Green Leaf 2021), amosando todo o que se leva facendo nos últimos anos no municipio en aspectos que teñen moito que ver co medio ambiente, pero vai bastante máis aló. A competencia non será doada, porque entre as seleccionadas hai outras 17 cidades moi relevantes. En todos os casos, son concellos de entre 20.000 e 100.000 habitantes.
-Por que se presenta Carballo a este premio?
-Porque nós cumprimos os parámetros técnicos da memoria que hai que presentar.
-Moi amplos parece que son.
-Moito, e tamén cunha compoñente medioambiental moi importante. Nós amosamos todo o que se leva facendo en Carballo nos últimos anos.
-E que é o que amosan?
-A memoria ten tres partes diferenciadas. A primeira é a máis xenérica, explicando como é o noso Concello. É importante porque hai elementos, como a dispersión poboacional (187 quilómetros cadrados, 31.000 habitantes, máis de 300 núcleos) que xa case nin se dan en España, e moito menos en Europa. E hai que telo en conta á hora de realizar actuacións. Tamén explicamos os valores da costa, do Anllóns...
-Na segunda está o groso.
-Ten seis aspectos moi diferenciados. Contamos que fomos o primeiro concellos de Galicia que cambiou toda a súa iluminación pública a leds, que usamos pellets e que nas instalacións deportivas temos placas solares. Tamén todo o feito na mobilidade urbana e sostible: Rede de Cidades que Camiñan, Metrominuto, Pedibús... Falamos da natureza, da biodiversidade, do usos sostible do territorio. De todo o que temos en Rede Natura, do Bosque... Outro dos aportes é a calidade do aire e do ruído, coas ordenanzas de tráfico e da contaminación acústica, e tamén con campañas como a que fixemos de medición de radón. En quinto lugar, todo o proceso de Carballo Limpo, e finalmente, o ciclo integral da auga. Levar as traídas e o saneamento a tantos lugares non é doado, e estámolo facendo.
-E quedaría ese último bloque.
-O da boas prácticas, nas que hai que destacar tres. Nós citamos expresamente o do ciclo integral da auga, o Horto Ecolóxico Infantil (por Europa hai moitos urbanos, pero non tantos orientados a ensinarlles aos nenos todos os procesos e xestionar unha horta) e sobre todo Carballo Limpo. Aí destacamos que un centro especial de emprego, como é Aspaber, está a cargo da limpeza viaria. Por unha parte está o coidado do medio ambiente, e por outro a inclusión social.
-Que premios hai?
-Hai dous. O principal é o da Folla Verde, que son 75.000 euros e, sobre todo, a imaxe que se divulga en toda Europa do gañador, que é tremenda. E o segundo, que se pode chamar de consolación, é estar incluído no Manual de Boas Prácticas da UE, que é algo tamén moi importante.
-E vostede como o ve? Hai opcións?
-Para empezar, había 36 candidaturas de 26 países, e quedamos só 18. Iso xa é un logro, pasar o corte. Agora, a finais de abril, saberase cales son as finalistas, e as que o consigan farán unha presentación en maio diante do xurado. A finais de xuño, nunha gala en Lisboa, coñecerase como queda. O meu obxectivo é aparecer nese manual de boas prácticas. Cumprimos os parámetros, pero hai que ter en conta que competimos con cidades de media Europa. Con todo, Carballo aposta por medidas que loitan contra o cambio climático, e pódese dicir que somos unha cidade verde.
Rivales de Francia, Turquía, Finlandia, Dinamarca, Serbia, Portugal y otros
Además de Carballo, en esta fase de 18 ciudades están incluidas Avignon (Francia), Bistrita (Rumanía), Çiftlikköy (Turquía), Coswig (Alemania), Elsinore (Dinamarca), Gabrovo (Bulgaria), Kemi (Finlandia), Lappeenranta (Finlandia), Nyborg (Dinamarca), Oliveira do Hospital (Portugal), Riba-Roja de Túria (España), Ringkøbing-Skjern (Dinamarca), Sombor (Serbia), Tauragé (Lituania), Valmiera (Letonia), Viana do Castelo (Portugal) y Vichy (Francia). La European Green Leaf 2021 está promovido por la Comisión Europea para distinguir a las ciudades de 20.000 a 100.000 habitantes que demuestren las mejores prácticas ambientales, un mayor compromiso con el crecimiento verde, y una mayor promoción de la concienciación ciudadana en temas medioambientales. La Folla Verde se sitúa tras la European Green Capital, para grandes ciudades.