Carballo anima a agasallar lingua co calendario 2020

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Xa se pode recoller no Museo de Bergantiños

17 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Concellaría de Normalización Lingüística de Carballo vén de presentar o calendario 2020 que distribuirá á veciñanza, un almanaque no que se recollen moitas das cousas que Carballo ten que ofrecer: lingua, deporte, feira, creatividade, festa, praia, colleita, mocidade, teatro, pan ou comercio son algúns dos aspectos retratados no calendario, que se pode recoller de forma gratuíta no Museo Bergantiños no seu horario habitual: de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas; os sábados e domingos de feira de 11.00 a a 14.00 e luns e domingos non feirados, pechado.

Ademais de reflectir tódolos meses do ano, o calendario tamén incorpora unha sección de teléfonos de interese do Concello: edificios municipais, seguridade ou medios de transporte.

As fotografías empregadas foron tomadas por Distrito Xermar, A.L. Crego, Raúl López, David Trombilla, Oti Fernández e Vanessa Rábade.