Música dende o Xapón para o festival carballés Xiria Pop

Sete bandas estarán presentes na 22.ª edición do encontro, consolidado como un referente


Carballo / La Voz

Venres 13 e sábado 14 |10 euros a entrada diaria, 15 o bono | Sala Dublín de Carballo. Vinte e dous anos de traxectoria acreditan ao festival Xiria Pop como un dos encontros independentes en pequeno formato de maior referencia en Galicia, con ecos en todo o Estado, e aínda máis alá. Hai tan só unhas horas lembrábase, nesta liña, a un seareiro xaponés chegado dende Osaka para esta cita que, unha edición máis, volve á Carballo, á sala de Dublín. As do venres e sábado, esta fin de semana, serán noites de concertos, e mesmo seguidores de Mallorca ou Asturias teñen confirmada a súa presenza. Así o avanzou Xabier Graña, fundador e organizador do festival dende a súa primeira edición. Para tomar nota, así en xeral: sete bandas de calidade; un cartel encabezado polos Rockfiles do británico Billy Bremner, por La Granja e o grupo xaponés Gutara Kyo; e uns prezos de excepción, 10 euros a noite e 15 euros o bono das dúas. A presentación dun poemario, tamén o venres, no Casino, ás 20.30 horas, completa o menú: trátase de Mudanza, de Xurxo Chapela.

«Sen a implicación do Concello non habería Xiria Pop», dixo Graña na presentación do festival, acompañado polo alcalde, Evencio Ferrero. «Carballo leva anos acreditando que sempre apostou pola cultura e pola xente con capacidade creativa, con capacidade para comprometerse, e o Xiria Pop é un exemplo dese compromiso (...) Ben está que un proxecto coma este se manteña no tempo: é doado crear algo que non dure, efémero, de aí o mérito da lonxevidade do Xiria Pop», afirmou o rexedor.

Grupo a grupo, día a día

  • Venres. Basanta, 22.00 horas. Formación viguesa impactanta pola súa estética. Veñen de recibir o galardón ao mellor disco do Estado nos premios PopEye. «Estamos encantados (...). Xa os tiñamos contratados hai meses, seguramente agora sería moito máis complicado».
  • Venres. Surfin Burritos, 23.00 horas. De Barcelona. Banda de músicos xa veteranos traída adrede para tocar antes dos británicos Billy Bremner’s Rockfiles. 
  • Venres. Billy Bremner’s Rockfiles, 00.15 horas. Previstos para as 00.15 horas. Bremner é un guitarrista que ten tocado con media Inglaterra. Farán en carballo un repaso completo dun disco histórico no rock and roll, «Seconds of pleasure», dos Rockpile. 
  • Venres. La Granja, 01.30 horas. Chegarán dende Mallorca. Grupo ben recoñecido no panorama estatal, de finais dos 80 e principios dos 90. Moito tirón. 
  • Sábado. Superser. 22.00 horas. Chegados dende Cedeira. Banda de músicos novos, pero xa con tempo en escenarios e festivais. Veñen de ter un grande éxito no Noroeste coruñés. 
  • Sábado. La Secta, 23.00 horas. Formación bilbaína dos anos 90. No seu momento grupo de culto sen grande repercusión, pero agora con moita máis repercusión. Só tocaron unha única vez en Galicia, precisamente en Cedeira. 
  • Sábado. Gutara Kyo, 00.30 horas. Xaponeses. Logo de ser chamados dende o Xiria Pop, artellaron unha xira por Europa. «Van ser unha das sensacións desta edición: se non cae a Dublín desta, xa non cae máis», afirmou Graña. «Deben de ter moitas cancións, porque teñen un disco con nove que dura trece minutos», contou rindo. 
  • Sábado. DJ Isaac Peces. Ata o fin de festa do Xiria. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Música dende o Xapón para o festival carballés Xiria Pop