O rexionalismo de Alfredo Brañas, en galego

Fernando Cabeza Quiles

CARBALLO MUNICIPIO

Vén de ser publicado en galego co patrocinio da Deputación da Coruña «O Rexionalismo. Estudo Sociolóxico, Histórico e Literario»

03 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Vén de ser publicado en galego co patrocinio da Deputación da Coruña «O Rexionalismo. Estudo Sociolóxico, Histórico e Literario», do escritor e ensaísta, nado en Carballo, Alfredo Brañas. A edición levouse a cabo por iniciativa de José Manuel Cameán, o valedor da recuperación da figura de Alfredo Brañas en Carballo. O libro comeza cun saúda de Valentín González Formoso, presidente da Deputación, ao que segue un prólogo de Xosé Ramón Barreiro Fernández, membro e expresidente da Real Academia Galega. O tomo, de 262 páxinas, leva tamén un limiar do médico, escritor e rexionalista santiagués Juan Barcia Caballero, que o escribiu no ano 1889, data na que se publicou o libro en castelán por primeira vez en Barcelona. A súa versión vertida agora ao galego polo profesor e tradutor carballés Antonio Pichel está sendo distribuída pola Asociación Alfredo Brañas de Carballo por diversos concellos e bibliotecas de Galicia e Centros Galegos de Sudamérica e Europa.