Obras a catro pesos


quen non se lle ocorreu pensar que as obras públicas teñen menos calidade que as privadas? Quen non escoitou que os novos edificios públicos sempre meten auga e acaban cheos de fendas? Algo de razón levan cando o pensan, pero non significa que os construtores do público non son tan bos como os outros, tampouco que como son propiedade de todos nós, non hai quen se preocupe de mirar que quede niquelado.

Polo xeral, o problema das obras públicas é o prezo de licitación, e dicir, o que a Administración vai pagar. E a maior culpable de todo este galimatías é a norma que as regula: a lei de contratos do sector público, que obriga a adxudicar a obra ao contratista máis barato, algo que na privada nunca recomendamos. O máis barato acaba saíndo caro, porque baixan os prezos por debaixo do razoable. En vez de valorarse cuestións como a calidade do equipo, só se mira o máis barato, sen ter en conta a distancia da sede da empresa ao posto de traballo, vital no resultado final. Tal e como redactaron a lei, calquera empresa de Valladolid pode ofrecer facer un traballo máis barato en Carballo que unha empresa de Bergantiños, e as obras públicas de Ribeira poden ser feitas por empresas da Coruña.

Parece lóxico velar polo aforro dos cartos dos cidadáns, pero hai un refrán que di que ninguén dá pesos a catro pesetas, e esas empresas de lonxe probablemente non teñan nin persoal propio, tal vez administrativos ou avogados, pero non albaneis ou carpinteiros. E acaban subcontratando ata a limpeza da obra. O que podía facer unha empresa local, con orgullo, non llelo permiten.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Obras a catro pesos