Vendidas 1.400 obras na Praza dos Libros de Carballo, o récord

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

As librarías participantes facturaron 18.600 euros nas catro xornadas da Feira da Creatividade Cultural: o 65 % das obras adquiridas, en galego

16 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

As librarías participantes na Praza dos Libros de Carballo, que finalizou o domingo, bateron este ano o seu récord de facturación: un total de 18.600 euros, correspondentes a 1.400 obras vendidas. A literatura galega, segundo o balance feito público dende o Concello, acaparou o 65 % da demanda, e como xa comentaran os libreiros na última xornada, tiveron moito tirón os títulos que se presentaron na feira: para adultos, á cabeza, Nas cortinas do tempo, de Xosé Antonio Andrade, seguido por Un peixe no parqué, de Ramón Vilar; Contra todo isto, de Manuel Rivas, e Infamia, de Ledicia Costas. En infantil arrasou O vello dos chupetes, de Fernando Calvo. Entre o 35 % dos vendidos en castelán, El mal sin cura de la Costa da Morte, do carballés Manuel Rey. Ao éxito de vendas hai que sumar o de asistencia e participación.