Os gaiteiros, fieis portadores da tradición

M. L. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Trubisquiña (Vimianzo)
Trubisquiña (Vimianzo) BASILIO BELLO

Sete grupos chegados dende toda a Costa da Morte participaron na quinta edición do Festifolk

16 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende Baio, Zas, O Couto (Ponteceso), Borneiro (Cabana), Berdillo (Carballo) e Vimianzo chegaron os gaiteiros que o sábado se sumaron á quinta edición do Festifolk Costa da Morte, coordinado conxuntamente polo Concello de Carballo e La Voz de Galicia e co patrocinio do Grupo Calvo. Pandeireteiras Sen Fronteiros abrían a xornada dende unha carpa ateigada de público, e Treixadura poñía o punto e final á xornada cun concerto máis que sensacional, pero os verdadeiros protagonistas foron eles: os nosos gaiteiros, pandeireteiros e tamborileiros que, incansables, levaron con esmero a súa música polas rúas de Carballo, e coa tradición por bandeira.

Arume (Berdillo, Carballo)
Arume (Berdillo, Carballo) BASILIO BELLO

O Son do Castro (Borneiro, Cabana)
O Son do Castro (Borneiro, Cabana) BASILIO BELLO

Por eles, precisamente, son os gardiáns da herdanza cultural dos antepasados. Sinalábao Paulo Nogueira tras recibir o recoñecemento do Gaiteiro de Honra 2019 (compartido con Magoia Bodega e Xaquín Xesteira): «Ser gaiteiro é unha forma de estar no mundo. Existe a gaita en moitas culturas de mundo, pero como a nosa, ningunha. Ser gaiteiro implica, ademais, unha gran responsabilidade, pois estamos a transmitir a nosa cultura». As súas verbas foron tan compartidas por parte do público presente como aplaudidas as chegadas de cada grupo á Praza do Concello: o sábado, eles eran os heroes.

Inllar (O Couto, Ponteceso)
Inllar (O Couto, Ponteceso) BASILIO BELLO

Trubisquiña (Vimianzo)
Trubisquiña (Vimianzo) BASILIO BELLO

Arume, O Son do Castro, Inllar, Adro, Trubisquiña, Churía e a Banda Municipal de Gaitas de Carballo. Nomes propios que resoaron con forza na Praza do Concello carballesa, pero que tamén o fixeron durante o percorrido que os levou por varias rúas do casco urbano. Alí por onde pasaron deixaron a súa pegada, espertando a curiosidade de quen con eles se topaba e mesmo arrancándolles algunha que outra melodía.

Millo Miúdo, de Adro (Baio)
Millo Miúdo, de Adro (Baio) BASILIO BELLO

Churía (Zas)
Churía (Zas) BASILIO BELLO

Xa na rúa Colón, a piques de finalizar o percorrido, os membros de Pan Sen Fron acompañaban a voz aquelas pezas recoñecibles mentres gozaban da súa merenda. A súa actuación xa rematara, máis o amor pola música tradicional non comprende de horarios ou de vestimentas. Síntese, e punto.

Banda Municipal de Gaitas de Carballo
Banda Municipal de Gaitas de Carballo BASILIO BELLO