Pan, música e letras na última xornada da Praza dos Libros

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Xosé Antonio Andrade, Manuel Rivas, Ana Cabaleiro ou Ramón Vilar estarán en Carballo

14 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A 14.ª edición da Praza dos Libros de Carballo botará hoxe o peche ás 22.00 horas, logo de catro xornadas intensas. Seguen os descontos nas obras que se merquen -un 10 %- e ademais chegarán este domingo cun regalo a maiores. A iniciativa «Un libro, un pan» implica que todas aquelas persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pequeno molete e tamén con tarxetas rasca que darán opcións a outros detalles. Continúan, doutra banda, as presentacións, concertos... Así se presenta a xornada de domingo, cadrando con mercado:

11.00 horas • «Nas cortinas do tempo», de José Antonio Andrade. Obra publicada por Embora. Acompañarán na presentación ao autor coristanqués Santiago Pazos e Xosé Manuel Varela.

ANA GARCÍA

12.00 horas • «Contra todo isto» e «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Ambas publicacións, en Xerais. Autor referente da literatura galega, será presentado por Xosé Ameixeiras.

 13.00 horas • Sesión vermú con Aldaolado. «Cría fama e bota a correr»: poesía, música en directo e humor, algo tan característico deste dúo. Ha de haber algunha sorpresa para rir.

18.00 horas • Oviravai: concerto infantil. «As viaxes de Paio e Aurelio». Presentación do libro disco «Paio e o poder da música».

20.00 horas • «As ramonas», de Ana Cabaleiro. Obra publicada en Galaxia por Ana Cabaleiro. Acompaña á autora Mercedes Queixas.

Ana Garcia

21.00 horas • «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira.  Nova obra do cercedense, logo de «Os televisores estrábicos». Publica Xerais e acompañará ao autor esta tarde Xurxo Chapela. Con eles darase por finalizada a Praza, a iso das 22.00.