Paulo Nogueira, Magoia Bodega e Xaquín Xesteira, Gaiteiros de Honra

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

Os tres son gaiteiros en Treixadura. Bieito Romero foi o primeiro homenaxeado do Festifolk, no ano 2015

13 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende o súa primeira edición, aló polo 2015, o Festifolk Costa da Morte garda como un dos intres máis entrañables a concesión do galardón Gaiteiro de Honra, un recoñecemento a un traballo e a unha traxectoria en pro da música tradicional. Bieito Romero (Luar na Lubre), Xabier Díaz, os veteranos Evaristo Domínguez e José Lista, e máis os recoñecidos Xosé Vicente Ferreirós e Nando Casal (Milladoiro) mereceron este tributo ata o de agora.

BASILIO BELLO

Nesta quinta entrega, a do 2019, serán tres as persoas que subirán ao escenario para levar o premio do festival carballés. Integrantes do grupo Treixadura, todos eles son gaiteiros: Paulo Nogueira, Magoia Bodega e Xaquín Xesteira. Parte esencial, pois, dun grupo que poderá verse en concerto  este sábado 13 de xullo ás 22.35 horas, na Praza do Concello, e do que tamén son piares Toniño López (tambor e pandeireta) e César Longa (acordeón). Doutro lado, compoñen o Orfeón Treixadura un total de dez voces: Alberte Raposo, Toño D. Fontenla e Anxo Xesteira (tenores), Antón Cabaleiro, Pablo Rei, Xurxo Raposo e Quico Obelleiro (barítonos) e Álvaro Lamas, Gustavo Cuntín e Roi Xesteira (baixos).