Letras comarcais no terceiro día da Praza dos Libros de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Nesta nova xornada terán moito peso os autores locais, quedando sitio para a música ou a pintura

13 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Terceiro día da Praza dos Libros de Carballo. A 14.ª edición desta feira da creatividade cultural segue en marcha ao lado do xardín municipal, cos distintos postos abertos de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 -obras con descontos do 10 %- e un completo programa paralelo. Neste sábado será así:

11.00 horas • Obradoiro «Un paseo entre viñetas». Taller a cargo de Manel Cráneo. Iniciación á banda deseñada na ludoteca. Infantil.

11.30 horas • Presentación de «Diario sen datas dunha aborixe galega». Editorial Galaxia. Obra da cormelá Diana Varela Puñal, que estará acompañada na presentación polo escritor Fernando Cabeza Quiles.

12.30 horas • Concerto infantil con Pakolas. Presentación do libro-disco «Cores, contos e rock’n’roll» (Kalandraka). Colabora Laura Romero.

19.30 e 20.00 • Sinaturas de libros. Acoden Alberto Varela Ferreiro, Xan Fraga, a youtuber Isabel Villanueva, Miguel A. Alonso e Laura Tova, Fernando Calvo Trincado e Xabier Maceiras, con cadansúa obra.

20.00 • Festifolk. Concerto de Pan Sen Fron, desfile de gaitas e concerto de Treixadura.

20.30 horas • Derrubando muros con pintura. Visita guiada polos principais murais do proxecto. Saída da Praza.

BASILIO BELLO

X. Maceiras: «Nos tempos en que vivimos o humor é necesario»

lorena rey/ P. b.

O autor Xabier Maceiras é un dos convidados á firma de obras desta tarde na Praza dos Libros de Carballo. Asinará exemplares de «Antoloxía das confidencias de Picadillo», unha obra que lle facía ilusión ver agromar xusto cando se cumpre o centenario do protagonista. Conta Xabier que, se ben destacou Picadillo pola súa faceta gastronómica, tamén tiña outra política e mesmo unha terceira, aínda máis descoñecida, xornalística. Escribía na sección Confidencias, de El Noroeste, de aí o título desta obra. Conta nestes artigos avatares na Coruña ou en certas viaxes: de feito, dos 158, case unha vintena deles están dedicados a Bergantiños. «Quédome coa súa retranca», di Maceiras de Picadillo. Anima a ler a obra: «Nos tempos en que vivimos, o humor é necesario».

Esta «Antoloxía» foi xa presentada en diversos lugares da comarca: dende Carballo a Malpica, A Laracha ou Paiosaco. A obra mesmo deu o salto teatral, posto que de cinco destes textos fixo Maceiras unha adaptación teatral, «Rodríguez, o loro de Picadillo», estreada en Paiosaco co grupo Melandrainas. Xabier anda agora a voltas cun libro e un documental sobre as expropiacións do polígono de Sabón.