Maior participación feminina na 14.ª Praza dos Libros carballesa

Nuria Guillermo, P. B. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Recoñecidos autores pasarán pola localidade entre o 11 e o 14 deste mes

06 jul 2019 . Actualizado a las 15:25 h.

Carballo acollerá entre os días 11 e 14 de xullo a décimo cuarta edición da súa Praza dos Libros. O encontro non só se integrará de presentacións e firmas de libros por parte de recoñecidos autores galegos e da zona, senón que ademais levaranse a cabo numerosas actividades de carácter cultural, como concertos, obradoiros infantís ou unha visita guiada polos principais proxectos de recuperación urbana a través da arte.

Nestas xornadas da Praza dos Libros, na que participan sete librarías e dúas editoriais, haberá descontos do 10 % nas publicacións e un sorteo diario no que se poderá participar cos boletos repartidos con cada compra. Ademais, o xoves pola mañá, con cada adquisición de obras, regalarase unha lata de atún Calvo -colabora a Fundación Luís Calvo-, e o domingo pola mañá unha peza de pan de Carballo.

Durante a súa presentación, o alcalde, Evencio Ferrero, agradeceu ás librarías e editoriais a súa participación, destacando a importancia da realización de actividades como esta para que «en todas as casas continúe habendo libros e que os máis novos sigan próximos a eles».

Tamén destacou a ampla presenza feminina nesta edición, tanto por parte das representantes das librarías como das escritoras, así como da pregoeira, María Reimóndez, á que se referiu como «unha gran referencia da literatura galega». As librarías participantes agradeceron a oportunidade que se lles brinda coa Praza dos Libros, posto que para supón un escaparate do traballo e do que ofrecen ao longo do ano.

Manuel_G_Vicente

Xoves 11

  • 11.00 horas. Comezo da Praza dos Libros.
  • 12.30 horas. Pregón de María Reimóndez. Actuación da Banda de Gaitas de Carballo.
  • 18.30 horas Infantil. Concerto de presentación do libro-disco «A nena e o grilo máis aló», de Magín Blanco.
  • 20.00 horas: Conversa de autoras entre María Canosa e Concha Blanco, que falarán sobre as súas obras «Caderno de lúas» e «Macedonia de versos». Modera o xornalista Santiago Garrido.
  • 21.00 horas: Presentación do libro «As mulleres da fin do mundo», de Daniel Asorey. Presenta Manuel Rey Pan.
  •  Durante toda a mañá do xoves, pasarrúas infantil sobre o libro «A música da auga», de Anxo Moure, con Servando Barreiro.

MARTINA MISER

Sábado 13

  • 11.00 horas. Infantil. Obradoiro a cargo de Manel Cráneo de iniciación á banda deseñada a través da súa metalinguaxe.
  • 11.30 horas. Presentación de «Diario sen datas dunha aborixe galega», de Diana Varela PuñalInfantil. Presenta Fernando Cabeza Quiles. Concerto de presentación do libro-disco «Cores, contos e Rock’N’Roll», de Pakolas.
  • 19.30 horas. Firma de libros por parte de Alberto Varela Ferreiro, Xan Fraga, Isabel Villanueva, Miguel A. Alonso Diz e Laura Tova, Fernando Calvo Trincado e Xabier Maceiras.
  • 20.30 horas. Visita guiada polos murais do proxecto de recuperación urbana a través da arte, Derrubando Muros e Rexenera.
  • 21.00 horas. Festifolk con desfile de grupos de gaitas e concerto de Treixadura.

BASILIO BELLO

Venres 12

  • 12.00 horas. Infantil. Presentación do libro «Cociñando con bolboretas no bandullo», de Diana Fernández e David DíazObradoiro con prazas limitadas «Non podo vivir sen voar: quero bolboretas no bandullo». 
  • 18.30 horas. Infantil. Concerto presentación de «Canta miña pedra, canta: homenaxe a Antonio Fraguas» e «A casa do terror», de Xoán Curiel e a Banda do Verán.
  • 20.00 horas. Presentación de «Infamia», de Ledicia Costas. Presenta Rosalía Fernández Rial.
  • 21.00 horas. Presentación de «Unha historia da Música en Galicia 1952-2018», de Fernando Fernández Rego, con intro musical de Juanjo Vales e Andrés Rey. Presenta Francisco Castro.
  • Cambio de ubicación do Curruncho Pop á Praza dos Libros.

ANA GARCÍA

Domingo 14

  • 11.00 horas. Presentación de «Nas cortinas do tempo», de José Antonio Andrade.
  • 12.00 horas. Presentación de «Contra todo isto» e «Vivir sen permiso e outras historias do Oeste», de Manuel Rivas. Presenta Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz.
  • 13.00 horas. Sesión vermú con Aldaolado.
  • 18.30 horas. Infantil. Concerto de presentación do libro-disco «Paio e o poder da música», de Oviravai.
  • 20.00 horas. Presentación de «As Ramonas», de Ana Cabaleiro. Presenta Mercedes Queixas.
  • 21.00 horas. Presentación de «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira.
  • 22.00 horas. Remate da Praza dos Libros.