Los retos del nuevo mandato

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

23 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Inversiones en la zona urbana frente a la rural. El gasto en los dos ámbitos siempre forma parte esencial (casi la columna vertebral) de cualquier mandato. Desde la oposición han criticado la supuesta discriminación de la rural ante la urbana. Ferrero lo niega. «Os resultados electorais demostran o grao de satisfacción que hai por todo o conxunto do territorio. Dicir que o rural está discriminado é retorcer un argumento que non é real. Executamos o abastecemento de auga a Razo e Oza que é de 1,7 millóns, nunha única obra. Non se fixo nada así no casco urbano carballés. E se se suman todos os investimentos en parroquias e Carballo, o das parroquias é moi superior. E se sumamos o conxunto de barrios e centro, tamén se inviste máis nos barrios. ¿Por que hai esta distorsión? Porque calquera actuación que se faga no centro urbano é valorada pola totalidade da xente, polo centro pasamos todos. E unha actuación de mellora da pista nunha parroquia nin sequera toda a parroquia a valora, só os que transitan por ela. Reformar a rúa Xúpiter custou algo máis de 70.000 euros. Mellorar as pistas dunha parroquia supera os 200.000. Pero a primeira vea todo o mundo. Seguiremos traballando para que a xente perciba que se goberna para a totalidade do territorio, sabendo que actuar ao mesmo tempo en todo é imposible».

Comercio. Es uno de los signos de identidad de Carballo, y se escucha no pocas veces que tuvo tiempos mejores. Ferrero dice que «haino que seguir apoiando». Añade: «Non é un mal exclusivo do noso Concello. Está tendo unha profunda transformación, sobre todo coa aparición de novos espazos comerciais e a venta online. En poucos edificios non se fai. Hai que intentar fomentar o comercio local, dende o Concello fixemos grandes esforzos, estamos en contacto cos comerciantes, fixemos campañas, e impulsamos as feiras».

Polígono de Bértoa. «Sería unha irresponsabilidade por parte da Administración competente, a Xunta, non acometer algo que é unha urxencia aclamada e reclamada polos veciños e polo propio empresariado. O Concello está disposto a facer os primeiros trámites para que sexa unha realidade o antes posible».

Circunvalación. «Xa teño solicitada a entrevista coa conselleira Ethel Vázquez para que se planifique. E manifestar a disposición de Carballo para axilizar en todo o preciso. A consellería deberá reflexionar sobre cal é a prioridade, e seguimos pensando, e tamén o empresariado, que ten que ser darlle saída do polígono en dirección Santiago».