A mellor Ecofotografía: «Cabaliño do demo», no Bosque do Añón

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

DIEGO GARCÍA ESPASANDÍN

Ecovoz 2019 | Diego García Espasandín, alumno de sexto de primaria do Xesús San Luís Romero, resultou gañador do certame

03 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

o premio á mellor Ecofotografía foi para Diego García Espasandín, alumno de 6º do Colexio Xesús San Luis Romero de Carballo. A fotografía gañadora leva por título Cabaliño do demo e segundo contou Diego no programa «é moi complicado sacarlle a foto porque se asusta e eu achegueime con coidado e con moita paciencia ata que non se moveu e puiden sacar a foto». Diego presentou máis imaxes a concurso, incluída unha avespa velutina. A foto foi sacada no Bosque do Añón carballés. Diego dicía sentirse «moi orgulloso» co premio.