Aurelio Núñez: «A circunvalación é importante, hai que retirar o tráfico pesado do centro»

f. rodríguez / s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

26M: As municipais | O candidato popular á alcaldía de Carballo quere revitalizar as feiras locais, implantar industria e axeitar os cursos formativos «ás necesidade reais»

23 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Aurelio Núñez Centeno (1958) vai nas listas do PP por terceiro mandato consecutivo, pero é a primeira vez que o encabeza. Médico en Carballo dende 1990, é deputado autonómico.

-É a primeira vez que se presenta como candidato, aínda que xa acumula moita experiencia no partido. Como o leva?

-A campaña levámola moi ben, traballando moito. Evidentemente, fatigados por ese traballo, pero con toda a ilusión e toda a esperanza de conseguir un cambio no goberno de Carballo.

-Algunha conclusión que extraer despois de todos estes días de campaña?

-Creo que puidemos palpar o cariño da xente, o apoio, e o ben que nos reciben en todos os sitios. É o momento do PP en Carballo, e cara a aí estamos traballando.

-Nesta última parte do mandato foi portavoz do grupo do PP. Como ve a política en Carballo?

-Cremos que talvez vemos un goberno que está canso, esgotado, levamos moitos anos en Carballo sen un só proxecto de importancia, e dá a sensación de que agora se están a impulsar todos eses proxectos á vez, diante da proximidade das eleccións. Creo que é o que palpa a xente. Percíbese un abandono dos barrios, das parroquias, e iso é o que nos están a transmitir os veciños. Creo que é o momento do cambio en Carballo.

-Que pode destacar do seu programa electoral?

-Dentro dun programa de medidas puntuais, de medidas claras, eu quería destacar algunhas. Propuxemos traballar para conseguir, agora que as circunstancias económicas o permiten, iniciar a circunvalación de Carballo. Pensamos que é unha obra importante, fai falta para os veciños e as veciñas, para retirar o tráfico pesado do centro. Tamén traballaremos para incrementar o gasto en políticas sociais, e para axudar a unha entidade como Afaber a conseguir un local que precisa de forma urxente. Tamén incrementaremos as axudas a entidades deportivas, facilitando os trámites para conseguilas. Queremos modificar todo este sistema que hai de axudas ás entidades, e ver a forma de construír algunha instalación deportiva, porque non se ten feito ningunha en 16 anos, e incluso se pechou algunha. Temos que buscar unha solución ao problema de tráfico que montou este goberno en Carballo, e tamén retirar eses sinais de 30 dos sitios onde se puxeron, porque son total e absolutamente inadecuados. Queremos axudar ao comercio local e á hostalaría, para recuperar o pulo que tiveron, así como as feiras. A de Carballo esmorece fronte a outras de concellos próximos que van a máis. E temos que facilitar a implantación de industria e axeitar os cursos de formación ás necesidades reais do traballo que hai. O paro en Carballo é moitísimo máis elevado que na media de Galicia, e hai que actuar dende o Concello coas posibilidades que se teñan. E crearemos unha concellaría do rural para atender todas estas necesidades das parroquias que están abandonadas.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: Prisión permanente revisable
  • Aborto: A favor
  • Investigados nas listas: Creo na presunción de inocencia
  • Traslado de restos de Franco: Nin é municipal nin preocupa en Carballo
  • Referendo Cataluña: En contra absolutamente. A favor da Constitución
  • Acollida refuxiados: A favor, regulada
  • Eutanasia: Morte digna. Galicia ten a lei máis avanzada de toda España
  • Cambios lei violencia xénero: Sempre que para mellorar, a favor
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor, evidentemente
  • Casco urbano a 30 km/h: Como se regula en Carballo, en contra total

Preferencias

  • A que hora se ergue?: 6.15 da mañá
  • Que almorza?: Café e zume
  • Prato preferido: Tortilla
  • Que non comería?: Bacallau (é por unha fixación infantil)
  • Bebida preferida: Auga e café
  • Equipo de fútbol: Dépor e Bergan
  • Que coche ten?: Un Volkswagen
  • Unha afección: Camiñar
  • Un lugar: Baldaio
  • Que tarefas de fogar realiza?: Todas. Ata aprendín a pasar o ferro

Artes e letras

  • Escritor favorito: Frederick Forsyth
  • Último libro que leu: Cuando sale la reclusa
  • Última película que viu: Día de patriotas
  • Un artista: Velázquez
  • Un actor: Luís Tosar
  • Unha actriz: Sandra Bullock
  • Un cantante: Joaquín Sabina
  • Tipo de música: Toda
  • Deporte que practica: Camiñar e nadar
  • Unha viaxe pendente: O Camiño de Santiago dende Francia

A listaxe

1. Aurelio Núñez Centeno

2. José Antonio Domínguez Pallas

3. Margarita Varela Lema

4. Paula Nogueira Costa

5. Rubén Lorenzo Gómez

6. Ricardo Vilas Otero

7. María Beatriz Neira Varela

8. Salomé Rodríguez Fernández

9. María Belén Insua Trigo

10. José Luis Castro Couto

11. Javier Calvelo Bellón

12. Carlos Señarís Balsas

13. Cristina Rojo Sande

14. María Pastora Cerqueiro García

15. Jesús Javier Rey Gómez

16. Lucinda Serrano Tasende

17. Javier Vilariño Rama

18. María Luisa Loureiro Agrelo

19. Patricia María García Castro

20. Luis Cendán Prado

21. Alberto Pose Taboada

Suplentes: Manuel Varela, Carlos Reyes, Belén Mato, Montserrat Cerqueiro, José A. Pérez, Maricarmen Grela, Matilde Anido, Daniel Muíño, Carlos Nión