A escola do rural de mediados do século XX, en «Buenosdíastengausté»

Senda Nova vén de presentear un documental con medio cento de narradores das Historias de Inverno levadas a cabo en 21 parroquias


Carballo / La Voz

O Espazo da Natureza de Oza, en Carballo, acolleu o venres unha das máis emotivas actividades da xornada grande das Letras deste municipio. Da man da asociación ambiental Senda Nova, responsable do proxecto, presentábase un documental titulado Buenosdíastengausté e baseado nos faladoiros de tres anos de Historias de Inverno, por 21 parroquias.

Neste traballo, os protagonistas son máis de medio cento de narradores, e o que ofrecen é un percorrido pola escola rural de mediados do século XX en Bergantiños e Soneira. O documental aborda asuntos como a dureza dos castigos, a penuria das condicións escolares na posguerra, a situación na que se atopaban os edificios, cales eran os útiles escolares, as metodoloxías educativos ou mesmo as condutas do profesorado.

Son 50 minutos dun extenso «percorrido humano polo rural da Costa da Morte», con verbas e imaxes dende Montemaior a Carnés, ou dende Cerqueda a Loroño. Máis de sesenta persoas encheron o Espazo da Natureza, onde os narradores recibiron un forte aplauso dos presentes e mais este deuvedé para a lembranza. Senda Nova amósase «orgullosa» dos maiores, das 30 parroquias percorridas neste proxecto que continúa cada inverno con máis faladoiros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A escola do rural de mediados do século XX, en «Buenosdíastengausté»