«As Letras en Voces» de Carballo tiveron que ser a cuberto

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Outras moitas localidades acolleron actos en torno ás Letras Galegas: ¡mira onde!

18 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os máis novos volveron ser onte os protagonistas do Día das Letras en Carballo. «As Letras en Voces» tiveron que ser a cuberto, no mercado municipal e na ludoteca, para gozar da Banda Municipal de Gaitas, da Banda Municipal de Música, de Caxoto, de Pablo Díaz, de Raquel Queizás, da ficción dramatizada dos alumnos do San Luís Romero ou da 39.ª edición do concurso de pintura e debuxo Luís Calvo Sanz, organizado por Lumieira. Na primeira categoría gañaron Natalia Vázquez (primeiro premio), Lía Rodríguez e Alba Mourelle (accésit). Na segunda, Sarai Franco, Matías Gende e Daniel Pan (accésit). Na terceira, Marta Bolón, Uxía Bolón e Sara Blanco (accésit). Na cuarta, Lucía García (accésit). 

BASILIO BELLO

Concurso Letras Galegas en Camariñas: ¡premios!

CEIP Ponte do Porto, Aitor Carril, Leo Suárez, Antón Campos, Celia Brión, Saray Caamaño, Elena Formoso, Laura Sar, El Moussaoui, Erika Blanco e Iago Brión levaron premios no Concurso das Letras convocado en Camariñas. Houbo accésits para Lía Bermúdez, Iria Vidal, Saray Martínez, Laura Sar e Ainara Pasantes. 

ANA GARCIA

Concentración de Queremos Galego en Carballo

Miles de persoas, segundo a plataforma Queremos Galego, que vén de celebrar dez anos, esixiron nas principais vilas e cidades galegas «liberdade, igualdade e xustiza para o galego». Esta entidade tamén convocou unha mobilización na Praza do Concello de Carballo, cunha nutrida asistencia.

BASILIO BELLO

Concerto da Banda de Música na Casa da Cultura de Cee

A Banda de Música de Cee, dirixida por Fernando Fraga, congregou onte a numeroso público no seu Concerto das Letras, na Casa da Cultura, onde tamén se interpretaría o Himno co Coro da Escola Municipal. Ofreceu a banda un repertorio variado, aínda que con maioría de obras de autores galegos.

RAFA QUINTANS