Carballo: «Todo se enfoca ao centro, o rural está desaparecendo»
A CARREIRA ELECTORAL | PAULA REY | COMPROMISO POR GALICIA EN CARBALLO | A candidata centrista e galeguista aposta por medidas sociais no seu programa, que encabeza por primeira vez
carballo / la voz
Paula María Rey Gómez naceu hai 40 anos na parroquia carballesa de Rus (lugar de Barís), pero vive na de Berdillo, onde é empresaria de hostalería e está a cargo dun coñecido bar. Delineante industrial de formación, xa ten unha certa experiencia política municipal (empezou en Terra Galega, onde formou parte das súas listas), e, de feito, na actualidade é membro da executiva galega de Compromiso por Galicia (CxG), pero é a primeira vez que se presenta a unhas eleccións como cabeza de lista.
Nesa experiencia o máis destacado é que, no ano 2012, ocupou o oitavo posto da lista de Compromiso por Galicia ás eleccións autonómicas. Naquel tempo tiña unha compañeira da comarca na lista, Balbina Gándara, de Vimianzo, que ía no 16. Onte explicou o seu traballo e as súas inquedanzas en Radio Voz Bergantiños
-Como ve a situación de Carballo tras os últimos catro anos de mandato?
-Véxoa un pouco parada. Está todo bastante parado en temas de comercio, rural... Tiña que haber un pouco máis de movemento en canto a traballo, que non o hai. Dinamizar o comercio... Vexo todo moi enfocado ao centro, e o rural está case desaparecendo.
-Cales son as liñas mestras do seu programa de cara ás municipais?
-Nós enfocámonos basicamente no benestar social. E para iso, para nós, o importante é que haxa suficiencia económica. Crear emprego, tanto no eido rural como no urbano, dinamizando o polígono industrial, e unha vez que iso funcione, o resto vén só. Apostamos basicamente polo rural.
-Que a levou a vostede a encabezar esta proxecto en Compromiso?
-En parte non foi moito decisión miña, senón dos compañeiros de partido. CxG estase creando nesta parte de Bergantiños, en Carballo. Eu era a que levaba máis tempo vinculada, levo xa dous anos con eles. Ademais estou na executiva nacional de Compromiso, e pensaron que eu era a persoa máis indicada para encabezar a lista de Carballo.
A favor ou en contra
Cadea perpetua revisable: Que os xuristas digan
Aborto: Como está a lei agora
Investigados nas listas: Sen sentenza, sen problema
Traslado de restos de Franco: Problema dos de Madrid
Referéndum Cataluña: O de Cataluña é cousa deles
Acollida refuxiados: Si en países con recursos
Eutanasia: A favor
Cambio lei violencia xénero: Igualdade ao 100 % entre persoas
Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
Casco urbano a 30 km/h: Sinalización progresiva
Preferencias
A que hora se ergue? Sobre as 7.00
Que almorza? Un café con leite
Prato preferido: Todos
Que non comería? Nada
Bebida preferida: Auga
Equipo de fútbol: Deportivo
Que coche ten? Un Kia
Unha afección: Pintar
Un lugar: Serra da Capelada
Que tarefas de fogar realiza? Todas
Artes e letras
Escritor favorito: Ningún, non me gusta ler
Último libro que liu: Os obrigados no instituto
Última película que viu: Non vexo
Un artista: Antonio Orozco
Un actor: Sen preferencias
Unha actriz: Tampouco
Un cantante: Orozco
Tipo de música: Toda, sobre todo rock
Deporte que practica: Zumba, pilates, ando
Unha viaxe pendente: Non. Cando teña tempo...
A lista
1. Paula María Rey Gómez
2. Ismael Varela Fuentes
3. Óscar Pena Nieto
4. Constantino Cotelo Mato
5. Diana Vázquez Bermúdez
6. José Manuel Abelenda Martínez,
7. María Mónica Regos Casal
8. Isabel Chico Doclot
9. María Merced Gómez Rama
10. José Manuel Varela Cornide
11. Anxo Manuel Franco Vidal
12. Miguel Sánchez Sánchez
13. Vanesa Goyanes Gómez
14. José Manuel García Vázquez
15. Benigna Vázquez Blanco
16. María del Sagrario Gómez Rama
17. Elena Gómez Ferreiro
18. Alberto Suárez López
19. Manuel Sánchez Sánchez
20. Adelaida Portela Martínez
21. Carlos Martínez Vigo
Comentarios