«O que si queda claro, e darédesme a razón, é que con esta paisaxe ten que ser peliculón»

Lupe Blanco

CARBALLO MUNICIPIO

MATALOBOS

A REGUEIFA DA SEMANA | Lupe Blanco analiza as novas máis destacadas da semana en clave de humor e ironía

31 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

 Xa me tocou o resumo,

do que digo nunca minto,

o que queira ler regueifa,

ten que agardar ó domingo.

Aló imos coas novas,

que non vos meto en apuro,

hoxe falo da paisaxe,

que hai do Faro do Roncudo.

Porque volveron abrilo,

iso é o que se sente,

foi para unha boa causa,

é que están rodando un filme.

 O que si queda claro,

e darédesme a razón,

é que con esta paisaxe,

ten que ser peliculón.

A película é boa,

pois aquí xa gusta menos,

hai problemas en Malpica,

seica por falta de nenos.

Falla a natalidade,

e isto non é recente,

o problema xa é grave,

hai máis escolas ca xente.

A cousa non pinta ben

se o problema non se trata,

aínda nos vai pasar

coma o tema do pediatra.

Agora vou a Carballo,

cun tema de envergadura,

xa se firmou o contrato,

dunha nova infraestrutura.

Van levar a auga a Razo,

xa estamos moi contentos,

esa vai ser boa obra,

tamén non era sen tempo.

Noraboa ós de Oza,

que Razo xa tiña conto,

se falamos de ter auga,

Razo creo que xa ten abondo.

E como isto é regueifa,

e o espetalas vai imposto,

van dar gusto esas obras,

se as fan no mes de agosto.

Ramatamos xa por hoxe,

que terei que rematar,

volverei para a semana,

que hai moito que cantar.