O trasno do Rei Mago

Anxo Andrade Vecino

CARBALLO MUNICIPIO

Sexto premio dos Contos de Nadal 2018 | Anxo Andrade Vecino, do colexio Xesús San Luís Romero (Carballo)

15 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Dise que na parroquia de Carballo hai un Rei Mago que nunca volve de volta a Oriente despois da noite de Reis. Sabedes o que fixo o último ano? Había tres amigos que lle pediran na carta un balón de fútbol, unha maquiniña e un coche teledirixido; cada un deles perfectamente identificado coa referencia do catálogo do centro comercial máis próximo. Ese trasno de Rei Mago, que pasa o ano na comarca de Bergantiños, botou o mes de decembro cambiando as referencias de tódolos xoguetes que aparecían nos catálogos que deixaban con publicidade nas caixas do correo dos portais dos edificios. Sabedes que lle pasou aos amigos de Anxo, Fabián e Noé? Pois que recibiron unha cociña, unha boneca e unha maleta de maquillaxe. Pasaron o día de Reis pensando onde estarían os agasallos que pediran. Co tempo foron vendo que grazas a ese Rei tiveran a oportunidade de darse conta de que non existen agasallos de nenas e de nenos. Dende ese día valoran a importancia de darlle aprecio a calquera xoguete. O trasno do Rei Mago ensinoulles que dá igual a cor que teñan os pasatempos dos catálogos. Gozamos por igual tanto coas páxinas rosas como coas azuis.