«Fixen a foto da portada do disco grazas a unha rifa do cancro»

Diego Piñeiro volve ao Casino co seu novo traballo discográfico «La música no caduca»


Experimentado músico, e veterano visitante do Casino, Diego Piñeiro aterra de novo en Carballo este venres, 30 de novembro, para ofrecer un concerto en acústico xunto con Fito Mansilla. Inmerso na promoción do seu cuarto traballo discográfico, «La música no caduca», cuxa primeira edición xa está esgotada, Piñeiro visitou Radio Voz Bergantiños onde, ademais de animarse a tocar unha peza en directo, falou da súa vinculación coa comarca.

-¿De onde vén esta relación tan estreita con Carballo?

-Pois o certo é que foi a vida, que me veu traendo ata aquí. Hai un par de anos vin tocar a Razo e, dende entón, veño moi seguido.

La música no caduca»: ¿Evolución ou cambio de aires?

-É unha gran evolución na miña vida. Eu nunca pensei que fose capaz de facer un disco como este, tiven a sorte de contar cun dos mellores produtores de rock deste país, Xixo Díaz.

-Financiou o disco a través do crowdfunding, e o nome de toda esa xente aparece no disco.

-Nunca esquecerei a toda esa xente que me apoiou. Conseguín 3.500 euros, que ao final non me chegaron, porque os gastos ascenderon a 7.000 euros. Pasáronme varias cousas marabillosas facendo este disco, como a sesión de fotos con Pablo Verdes que me tocou nunha rifa da loita contra o cancro. El fíxome a portada e a de dentro. Fíxate, e gratis.

-Di o título do seu álbum que a música non caduca...

-Non caduca, non, e segue aí moito despois de nós morrer. Ti escoitas unha boa canción, sexa da época que sexa, e nunca pasará de moda. Iso é o bonito da música.

-¿Como foi a presentación no teatro Rosalía, na Coruña?

-Unha experiencia idílica, acabou o teatro en pé. De feito, foi un autobús cheo de xente dende Carballo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

«Fixen a foto da portada do disco grazas a unha rifa do cancro»