Carballo / La Voz

Case trescentos escolares de quince centros educativos da comarca de Bergantiños pasaron polos estudios de Radio Voz, en Carballo, para representar as pezas teatrais coas que participaron na 18ª. edición do certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Acudiron organizados nun total de 42 grupos, dos cales 7 foron seleccionados polo xurado como finalistas: 4 na categoría de Educación Infantil e Primaria, e outros 3 para Secundaria. Alba Bermúdez, actriz; Maruxa Suárez, educadora infantil e Fran Rodríguez, locutor de Radio Voz, son os tres integrantes do xurado.

O domingo, día 11, celebrarase no Pazo da Cultura de Carballo (18.00 horas) a final do concurso. Alí, os grupos seleccionados volverán a interpretar fragmentos das obras presentadas e, despois dunha nova deliberación por parte do xurado, entregaranse os galardóns. Todos os participantes recibirán un diploma e os gañadores terán premios patrocinados pola Libraría Brañas, valorados en 850 euros e canxeables por libros e material didáctico.

Caxoto amenizará a velada cunha sesión de conta contos e haberá unha chocolatada.

Os grupos participantes

CEIP Canosa-Rus (Carballo)

Os troleiros 3º A; Os fantásticos 4º; Quinto curso; Sexto comunica; Curso 3º B

CEIP Fogar Carballo

Os de 4º C; Cardume; Bilitroque; O fogar de 5º

CEIP Ponte da Pedra Carballo

Labregos e menteiros; Os vilariños

CPI As Revoltas Cabana

As sete mulleres do Anllóns

CPI Alcalde Xosé Pichel Coristanco

Os reises do Pichel; Capitán Salami; As estreas estreladas; O club Pichel; Os catro fantásticos; Os lectores de contos; Os ratillas; Os lobeznos

IES Monte Neme Carballo

Os teatreiros do Monte Neme; Neme teatro

IES Eduardo Pondal Ponteceso

Chacharachada; Enredados; Os outros

IES Alfredo Brañas Carballo

Radioterapia; Lendo lendas; Entre outonos; Os trastes

CEIP Bergantiños Carballo

Radiovoz Bergantiños; Os Bergantiñáns

CEIP Xesús S. Luis Romero Carballo

Os teatreiros do San Luis; Os novos pillabáns

CPI Cabo da Area Laxe

Areeiras; As lingüeteiras; Mariñeiras; Sopa de letras

CEIP Alfredo Brañas A Laracha

Firucos

CRA Os Remuiños Cabana

Escola de Anos

CPR Artai Carballo

Agasallo

CEIP Bormoio-Agualada Coristanco

Bormoio-Agualada, capítulo 1 e 2

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Arredor de 300 nenos presentaron en Radio Voz as súas pezas de teatro lido