Blanco e Touriñán, tan criminais que case matan ao público de risa

Teñen a teoría de que o crime ten raíz. Os dous mestres do humor encheron onte o auditorio de Carballo, dentro do FIOT


CARBALLO / LA VOZ

Vai ser difícil que o FIOT supere o que onte aconteceu no auditorio do Pazo da Cultura. Poucas veces o público aplaude desa maneira e poucas veces tamén se esgotan as entradas en menos de dúas horas como pasou neste caso. Para eles non é excepción. Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán son realmente criminais. Viñan coa idea de matar ao público (de risa) e conseguírono abondo. Son tan criminais que nin sequera dous fallos de micrófono os distraeu da súa tarefa. Ata diso fixeron humor: nin a un nin a outro lles pon medo a improvisación. Conectan con uns e cos outros, tamén con eses millennial que este ano son o centro do FIOT e que, coma na presentación do festival, agardaban onte simbolicamente co seu nariz vermello, que se ilumina. Carballo ocupou un lugar destacado nesta segunda xira por Galicia da función: Somos criminais arrasa e baixo o apartado Extra foi o mellor avance do que virá. Non deixaron nada por rir, nin sequera da súa propia coreografía, contemporánea, con todo o que «había na casa». Teñen a teoría de que o crime ten raíz e, coma ese eslogan que moitos teñen na cabeza, invitou Blanco a «delinquir como galegos». É o seu un humor do país, sublime. Estes dous mestres controlan todos os recursos. ¡Criminais!

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Blanco e Touriñán, tan criminais que case matan ao público de risa