«Noró», de Xabier Díaz e as Adufeiras, fixo vibrar a Praza de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

«Foi bonitísimo ver tantas bailas dende o palco», agradeceu o artista horas despois do concerto

26 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Xabier Díaz, gaiteiro de honra do Festifolk e gran amigo de Bergantiños, volveu namorar ao público carballés. Encheu a Praza co disco Noró, acompañado polas Adufeiras, deixando un ronsel de bos comentarios sobre o concerto, incluído no Verán Cultural. El mesmo sentiu a forza dos espectadores: «Noitaza a de onte en Carballo. Mil grazas! Foi bonitísimo ver tantas bailas dende o palco».