«A campaña contra o acoso pode axudar a remover conciencias»

Santiago Garrido Rial
s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

SANTI GARRIDO

O departamento que dirixe a edila carballesa Maica Ures quere sensibilizar contra as agresións e estimular o consumo responsable. Ayer hubo concentraciones en Carballo y Cee por la salida de la cárcel de La Manada

23 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A concellería de Igualdade e Benestar de Carballo, que preside Maica Ures (39 anos), acaba de poñer en marcha unha campaña contra o acoso e as agresións sexuais, por un lado, e a favor do consumo responsable de alcohol. Faino durante as festas, co lema «Se buscas emocións fortes goza da festa sen abusos, sen acosos e con cabeza». Anuncios en prensa e numerosos cartaces inciden nesta mensaxe.

-¿É só unha iniciativa para as celebracións?

-Non. Xurde agora porque aproveitando que estamos en festas queremos darlle un empurrón, pero non queremos que morra nas festas, senón que teña continuidade todo o ano. Xa lle enviamos os cartaces ás comisións de festas de todas as parroquias, e tamén aos locais que hostalería, para que participen todos aqueles que o desexen. De cara ao vindeiro curso académico tamén faremos máis actividades que incidan na mesma idea. Seguramente, obradoiros nos centros educativos, pero xa o iremos vendo despois do verán. O que facemos agora é un pistoletazo de saída para o que faremos máis adiante.

-¿Por que nace esta iniciativa?

-Pola necesidade. Non hai máis que ler o xornal, ver as novas, para decatarnos de cantos casos de acoso existen. E moitos deles ligados a períodos de festas, de celebracións, a consumos excesivos.

-¿E pasa tamén en Carballo? Poderíase entender iso.

-Non, non pasa, pero queremos que siga sen pasar. Non temos coñecemento de casos semellantes nin no Centro de Información á Muller, nin nos servizos sociais, nin na Garda Civil... E pretendemos que siga sendo do mesmo xeito, facendo todo o posible por evitalo.

-¿Que lle parece a posta en liberdade dos membros da Manada?

-Non me parece xusta. Hai motivos máis que suficientes para que sigan na cadea. Se antes había risco de fuga, non sei por que se diluíu. O de que son coñecidos evitará que reincidan é un argumento que non se sustenta. Tantos anos traballando para que se elimine a violencia e vendo estas cousas parece que non serve para nada e que o sistema xudicial non funcionou.

-Esta campaña leva poucos días en marcha. ¿Como están sendo as reaccións, que lle din?

-Os que me comentan algo dinme que era necesaria. Hai moitos casos por aí adiante. Sei que os cartaces non fan nada se detrás non hai unha conciencia de respecto, se na casa non se ensina, non se educa. Pero unha campaña coma esta contra os acosos pode axudar a remover conciencias, a que os rapaces cando a vexan reflexionen, e que as familias tamén o fagan. Que pensen que cousas así poden pasar cerca, non só na tele, e que hai que evitalo. E que hai que saír, pasalo ben, divertirse, pero sempre sen excederse en ningún sentido.

-Sempre, non só nas festas.

-Por suposto, pero a mensaxe lanzámolo xustamente agora no San Xoán porque en Carballo é a festa que máis aglutina, na que hai moita máis xente de aquí e de fóra.

BASILIO BELLO

Concentraciones de repulsa en Carballo y Cee

Al igual que cuando se conoció la sentencia contra la Manada, que calificaba como abusos lo que muchos consideran una violación, decenas de personas salieron ayer a la calle de nuevo para protestar contra la salida de la cárcel (estaban en prisión provisional) de los miembros de la Manada. «Se tocan a unha, respostamos todas» fue uno de los lemas leídos y coreados durante las concentraciones en las respectivas plazas municipales. Los asistentes portaron carteles alusivos y criticaron la resolución judicial. La concentración de Carballo fue especialmente numerosa, con asistentes también de municipios vecinos.