Sés será a pregoeira da Praza dos Libros de Carballo, en xullo

A súa intervención dará o arranque á cita literaria, dende o 5 ata o 8 do mes vindeiro


CARBALLO / LA VOZ

Do 5 ao 8 de xullo • Tan só catro días despois de pecharse o San Xoán coa Festa do Bosque, a vila carballesa volverá a iniciar outra festa ou feira, desta volta de creatividade cultural. O Concello deu a coñecer onte as datas dunha nova edición da denominada Praza dos Libros, que este ano caerá entre o 5 e 8 de xullo. Non se coñecen aínda moitos detalles do programa, pero si a imaxe -renovada- e un cartel inspirado na persoa que lle dará o punto de arranque ao encontro co seu pregón, a cantareira María Xosé Silvar, Sés, con raíces carballesas e, por tanto, bergantiñáns. A súa intervención está prevista para o 5 de xullo e a partir de aí irán chegando presentacións literarias con autores e autoras de actualidade, actuacións musicais, espectáculos diversos, gastronomía (atún e pan, mesmamente), obradoiros, agasallos... A Praza dos Libros é unha festa da cultura, una cita literaria na que as casetas e os libreiros tomarán o xardín municipal, todo ilo organizado dende a concellería de Cultura co apoio da Fundación Luís Calvo Sanz. Que ninguén teña pena, logo, cando vai ir rematando o San Xoán.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Sés será a pregoeira da Praza dos Libros de Carballo, en xullo