As citas de Letras para hoxe na comarca

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

18 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Carballo

§Vídeopoemas con Ramón Sánchez. O carballés José Ramón Sánchez Varela presentará esta tarde a súa obra «Enxeñaría poética». Non é un poemario ao uso, senón un vídeopoemario: letra, voz, imaxe... Será na biblioteca Rego da Balsa de Carballo, das 19.30 horas en adiante. Acto aberto e gratuíto.

§Estrea do documental «Hoxe quen baila?», de Senda Nova. Resultado das moitas Historias de Inverno que se foron contando, a asociación ambiental Senda Nova deu luz a un documental titulado «Hoxe quen baila?». Unha historia recente das festas de Soneira e Bergantiños que será presentado esta tarde, ás 20.00 horas, no Espazo da Natureza de Oza. Colaboran o Concello e a Deputación. Entrada libre.

§Presentación de «Contos mariños de Carballo». Dentro do programa das Letras Galegas de Carballo figura tamén, para esta tarde, a presentación do libro «Contos mariños de Carballo», da autoría de Xabier Maceiras. Será no local social de Cances, ás 21.00 horas. Organiza a entidade San Campio e os asistentes poderán levar para a casa un exemplar gratuíto.

Fisterra

§Exposición na Casa do Arco. Sobre María Victoria Moreno, homenaxeada este ano. Visitas de luns a venres, de 17.00 a 20.00.

Laxe

§Novidades bibliográficas. Dende hoxe, na biblioteca Antón Zapata, novas obras en galego.

A laracha

§ Exposición e contacontos. Na biblioteca municipal larachesa pode verse este mes unha exposición sobre María Victoria Moreno, «Sombra e luz». Para hoxe, ademais, está prevista unha sesión de contacontos na biblioteca de Paiosaco: «Chocolate», a cargo de Teatro Calavera: 18.00 horas, gratuíto.

Corcubión

§ As Rinchonas, no Luar. Os veciños de Corcubión estarán hoxe pendentes da televisión e de Luar. Actuarán no programa As Rinchonas, grupo da Universidade Popular de Corcubión. Pola noite.