O ribeirense Carlos Lixó gaña o XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

cedida

«Alpabardas verdes» é o titulo do seu texto, escollido entre 53 traballos

17 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Alpabardas verdes’, do autor ribeirense Carlos Lixó, investigador e profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, é o gañador do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo, ao que se presentaron un total de 53 traballos. O xurado, que estivo formado por Iria Veiga, gañadora da anterior edición; Xurxo Chapela, xornalista e escritor; Noelia Antelo, comunicadora audiovisual; e Nel Vidal, técnico de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, destacou «o ben que liga o particular co tema xeral que quere transmitir. Partindo dunha anécdota do uso dun termo local concreto, o autor consegue facer unha reflexión global sobre a importancia do uso da lingua, e da súa diversidade e riqueza». Ademais, incide o xurado, «o artigo conecta coa actualidade e coa mocidade, exemplificando o uso da lingua nas novas tecnoloxías e nas redes sociais, onde tamén é importante a súa visibilidade e normalidade».

O premio está dotado con 1.250 euros e a publicación en dez medios de comunicación colaboradores, entre eles La Voz de Galicia.