Fallo do Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

Logo da reunión do xurado, onte pola tarde, hoxe coñecerase a autoría do texto seleccionado

16 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O xurado da 14.ª edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo reuniuse na tarde de onte para elixir o artigo gañador, cuxa autoría será dada a coñecer hoxe. Este ano recibíronse 53 traballos, cifra superior á dos últimos. Exerceron de xurado Xosé Regueira, edil de Normalización Lingüística; Xurxo Chapela, xornalista e escritor; Noelia Antelo, xornalista; Iria Veiga, médica psiquiatra gañadora da anterior edición, e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística en Carballo, como secretario con voz e sen voto. O autor ou a autora do artigo seleccionado levará 1.250 euros e verá publicado o seu traballo nos 9 medios que colaboran co certame, entre eles La Voz. Trátase de promover a reflexión sobre a situación social do galego, de crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o prestixio do idioma e de promover, ademais, o seu uso na prensa.