Destacada presenza comarcal na terceira edición da Regueifesta

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

O festival celébrase hoxe en Santiago, con representación da Costa da Morte. Na comarca hai tamén outras citas para hoxe

02 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O festival Regueifesta poñerá hoxe fin a unha nova edición do Proxecto Enreguéifate. Comezará ás 11.00, no Auditorio de Galicia, en Santiago, e reunirá máis de mil escolares de trinta centros educativos de Galicia, «xente que está a converter a regueifa nun movemento socio-educativo impulsado polas comunidades escolares», indican desde a organización. Coa súa presenza amosarán, pois, «o estado emerxente» da regueifa, pero tamén doutras manifestacións de repentismo galegas, como o brindo do Courel, as bombas de Vilariño de Conso, os altos dos Xenerais do Ulla ou mesmo o estilo libre do hip-hop.

Nesta entrega da Regueifesta, que chega á súa terceira edición impulsada polos institutos Maximino Romero de Lema de Baio e Marco do Camballón de Vila de Cruces, tomarán parte como convidadas unha delegación de repentistas adolescentes do País Vasco, bertsolaris, e mais outra de Cataluña, glosadors. Eles ofrecerán unha mostra das súas particulares formas de improvisación.

Alba María, Josinho da Teixeira, Manolo Maseda (director do instituto de Baio) e Séchu Sende serán os encargados de presentar hoxe o festival, en colaboración con alumnos do Club de Regueifa da Escola Semente, alumnado do instituto Antonio Fraguas (Compostela), do Modelo Burela, do colexio da Pobra de Trives, do IES A Cachada (Boiro), do de Baio e tamén do de Vila de Cruces. No transcurso desta festa serán entregados, asemade, os premios do certame Enreguéfaite, ao que chegaron máis de cen traballos. Houbo galardón para a comarca de Bergantiños e, máis concretamente, para Seavia (Coristanco). Yéssica Nantón e Carmen María Taibo foron as artífices da «regueifa máis brava» e é por iso que hoxe traerán regalo para a casa. As dúas son alumnas da regueifeira Lupe Blanco.

Un proxecto global

O proxecto Enreguéifate que hoxe dará por finalizado un novo curso ten como fin a posta en valor e a difusión da improvisación oral. Desenvolvido dende os equipos de normalización lingüística de Carballo, Ames, Santiago e Teo, incluíu nesta edición unha xornada formativa para profesorado, obradoiros para estudantes nos catro concellos impulsores e o mencionado concurso. No caso de Carballo, foron alumnos de primeiro da ESO dos institutos Parga Pondal, Alfredo Brañas e Monte Neme os que recibiron nocións de regueifa. Hoxe, participará alumnado do Brañas en Santiago.

Motor de normalización lingüística entre a xente nova; visibilizador da música galega como ferramenta educativa e de lecer; poderoso recurso educativo; ferramenta para desenvolver o pensamento crítico e ata catalizadora da igualdade de xénero e a xustiza social. Todo iso, indican, está sendo a regueifa.

VANESSA PORTEIRO

Tres citas para la agenda comarcal

Mayo echó a andar y con él llegan para hoy varias propuestas en la comarca, o vinculadas a sus gentes:

Carballo

Contacontos infantil

18.00 horas • Ludoteca municipal • «A modo, amodiño» é o título da sesión de conta contos infantil prevista dentro do programa Apego, con Trécola Teatro. Para nenos de 3 a 8 anos. Recoller convite na Rego da Balsa.

Santiago

Charla de Jorge Mira

El físico baiés Jorge Mira ofrecerá hoy una charla en el aula magna del Instituto Teológico Compostelano: «A ciencia e a figura de Stephen Hawking». 

Cabana

Voz Natura

Alumnos del CRA Os Remuíños de Cabana conocerán hoy el patrimonio de su municipio. Es una actividad incluida en Voz Natura.

Jornada de limpieza en el estuario del Anllóns, Ponteceso

Sábado • De 10.30 a 14.30 horas • El colectivo As Píllaras das Dunas, en colaboración con la asociación Mar de Fábula y el Concello de Ponteceso, tiene organizada para este sábado una jornada de limpieza en el estuario del Anllóns. Debido a que se trata de un espacio natural muy sensible, se extremarán precauciones para evitar daños. Así, además de que la participación es limitada, la retirada de sacos de residuos no se hará con vehículos, sino con piraguas. Los interesados en participar en la actividad deben inscribirse en el correo aspillaradasdunas@hotmail.com o bien a través de la página de Facebook de este colectivo. Al terminar la mañana, los voluntarios serán invitados a una paella en Balarés. El día de limpieza se engloba en un proyecto global municipal para la conservación y restauración de espacios naturales.