Humor, millennials, música e galego nos Premios Youtubeir@s

A gala está prevista para o vindeiro venres 20 de abril, ás 20.00 horas, no Teatro Colón de A Coruña


CARBALLO / LA VOZ

Venres 20 de abril • 20.00 horas • Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro, integrantes da compañía A Panadaría, presentarán o vindeiro 20 de abril, ás 20.00 horas, no Teatro Colón de A Coruña, a gala dos Premios Youtubeir@s, galardóns que forman parte do proxecto Youtubeir@s para promover e visibilizar o uso do galego en Internet e, particularmente, en Youtube. A iniciativa, impulsada, entre outros, polo Concello de Carballo, así como polas tres Universidades e mais a Deputación, inclúe este certame -segunda edición- ao que concorreron 230 participantes, de entre os que se escolleron 25 finalistas. A compañía teatral A Panadaría, gran triunfadora dos Premios María Casares pola súa obra Elisa e Marcela, avanza unha gala arredor da xeración millennial e sempre con humor, mesturado coa música e o protagonismo dos participantes para «celebrar os contidos en galego». Así o avanzaron as actrices onte na presentación do encontro do 20 de abril, acompañadas pola vicepresidenta provincial, Goretti Sanmartín. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Humor, millennials, música e galego nos Premios Youtubeir@s