O Concello de Carballo volve apostar polo xornalismo para difundir o uso do galego

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

O prazo para entregar traballos rematará o vindeiro 20 de abril

21 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Prazo ata o 20 de abril • O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo lanza unha nova edición do Certame de artigos xornalísticos normalizadores, que será xa a décimo cuarta.

O concurso, que manterá o prazo aberto ata o 20 de abril, ten por obxectivo promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega e fomentar o uso do idioma, ademais de impulsar a súa utilización nos medios de comunicación. Calquera persoa pode presentarse ao certame, que só admitirá pezas escritas integramente en galego, de entre 1.800 e 3.000 caracteres e con referencias claras á situación do idioma e á súa análise por parte do autor.

Outorgarase un premio económico ao artigo gañador de 1.250 euros, ademais de publicarse nos diferentes medios de comunicación que colaboran nesta iniciativas, entre eles La Voz de Galicia.

As propostas deberán ser firmadas cun pseudónimo e ser entregadas nun sobre pechado, que incluirá catro copias diferentes do artigo. As bases completas para este certame, anteriormente gañado por persoeiros como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Séchu Sende, Luz Cures (imaxe) ou Carlos Callón, poden consultarse no BOP ou na web do Concello.