«Cada vez fórmanse máis profesionais»

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

19 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Leonor Varela actualmente atende aos pacientes dende San Salvador (San Comba) e os mércores dende A Coruña. Pretende tamén poder estar presente en Carballo nun curto prazo.

-¿Hai moitos apiterapeutas?

-Ata hai moi pouco en España había moi poucos. Agora nos últimos anos foise formando un número cada vez maior de profesionais. Isto débese a que a xente está empezando a acudir á apiterapia dado que o boca a boca vai transmitindo os seus beneficiosos resultados.

-¿Como é o proceso da apiterapia?

-Poño por exemplo a lumbalxia. A xente vén con medo de que doia, de que se inflame a zona... Estamos falando de abellas e si, estamos picando, pero é unha micropicada. Eu poño a abella e quítase en dous segundos, quítolle o aguillón ao momento. Para que eu puidera inocular no corpo o veleno enteiro dunha abella terían que ser 15 micropicadas. Non se inflama nin doe, antes e despois de cada picada poñemos frío.

-¿Cales son as vías para coñecer o seu traballo máis?

-A primeira vía é o teléfono (608 366 050), tamén vía Facebook (Apiterapia Leonor).

-¿O principal obxectivo segue sendo darse a coñecer?

-Darse a coñecer segue sendo un reto, o boca a boca funciona moi ben, que veña alguén ao que lle funcionou e llo conte a outras persoas é o que mellor funciona. Outra maneira son os medios de comunicación, a prensa, a radio, a televisión... Para chegar a máxima cantidade de xente posible.