Continúan os obradoiros «Enreguéifate» nos institutos de Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Cedida

Esta semana será a quenda dos mozos do Alfredo Brañas e do Monte Neme

13 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Seguen os talleres de regueifa polos centros de ensino de Carballo e, despois de que a semana pasada se desenvolvesen no IES Parga Pondal, agora será a quenda dos mozos do instituto Alfredo Brañas (hoxe, en horario de mañá e tarde, e o xoves só pola mañá) e do IES Monte Neme (o venres pola mañá).

Da man de Lupe Blanco, Alba María e Josinho da Teixeira, os rapaces aprenden a regueifar e traballan de maneira práctica e dinámica a improvisación oral e a técnica tradicional do repente.

Estes obradoiros forman parte dun proxecto global máis amplo, Enreguéifate, que inclúe tamén formación para o profesorado, un certame en vídeo e un encontro final en Santiago de Compostela, a Regueifesta, cuxa celebración está programada para o 2 de maio.