O vídeo divulgativo de Pondal, xa no espazoAbalar

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

CEDIDA

A versión galega do traballo realizado por parte de Asubío Media, con finalidades divulgativas, está xa dispoñible neste espazo

07 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

¿Pode un ter unha aproximación de quen foi Eduardo Pondal en tan só cinco minutos e de xeito doado? Parece complicado, mais non o é grazas ao traballo audiovisual feito por Asubío Medio para a Fundación Pondal. Con fala e debuxos, e en galego, castelán, catalán, éuscaro ou portugués, quen vexa este vídeo poderá saber quen foi o bardo, en que espazos se moveu ou cales foron as súas creacións máis destacadas.

O traballo de Asubío Media, empresa con base en Carballo, ten claras finalidades educativas e divulgativas e a día de hoxe, na súa versión en galego, xa está dispoñible no repositorio de contidos do denominado espazoAbalar, unha moderna plataforma desenvolvida pola Consellería de Educación e a Axencia pola Modernización Tecnolóxica de Galicia con dous obxectos: achegar a educación aos cidadáns e desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado.

O vídeo sobre Pondal pode descargarse nesta web, pois, como ferramenta.