Os Antelo de Carballo e Buño, nun encontro por vez primeira

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Máis de cen personas acudiron á xuntanza familiar celebrada

04 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Antelo de Carballo e Buño. Nada menos que 110 persoas acudiron onte ao primeiro encontro e reencontro dos Antelo de Carballo e dos Antelo García de Buño. Celebrouse no restaurante As Eiroas, en Bértoa, e, tal e como contou Suso Villar, chegou xente ata de Alemaña. Unha prima irmá súa colleu dende alí un voo a propósito para esta festa, tremendamente exitosa en convocatoria para ser a primeira vez que se fai. De Pontevedra, Corcubión, Cee, Laxe... Os Antelo fóronse repartindo e moitos dos hoxe descendentes ata se puideron coñecer nesta velada festiva.