Duascentas candidaturas no concurso da campaña #qrtm8

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

cedida

Noelia Antelo e Mara Fernández Liñares foron as vencedoras do certame lanzado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo

20 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O galego é un idioma cheo de amor, din os lingüistas, e en Carballo foino aínda máis nas últimas semanas, con motivo da campaña #qrtm8, do servizo de Normalización Lingüística, que ademais de implicar ao comercio carballés, tamén chamou á participación cidadá nun concurso fotográfico na rede Instagram.

Foron arredor de duascentas as candidaturas presentadas, e dúas as gañadoras. A organización decantouse por unha imaxe de Noelia Antelo (@noe_av) na que se pode verse unha cama desfeita e o mural de Isaac Mahow ao fondo. Por outra banda, os usuarios decantáronse por unha instantánea que Mara Fernández Liñares (maraliares23) titulou por: «Amor ao galego, amor ao que eu quero».

Ambas levarán unha torre de son e os últimos discos de Sés, MJPérez e Chicharrón.