Senda Nova achegouse á aldea de Candelago, en Corme

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

04 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Días intensos foron o xoves, o venres e o sábado para a asociación ambiental Senda Nova. Na primeira destas xornadas, no Espazo da Natureza de Oza e a través dun documental, puideron os asistentes achegarse ao traballo O tesouro de Corcoesto e á contestación social que espertou este proxecto mineiro.

Xa na velada do venres, tocaron Historias de Inverno. Foi unha cita especial, a primeira parada no municipio pontecesán dentro desta serie. Chegou a comitiva a Candelago, en Corme, «unha aldea sen intromisión de formigón ou uralita, que non deixou aínda lugar aos coches», tal e como narran na súa crónica. Un «balcón privilexiado» onde os visitantes foron recibidos por José, que visita con frecuencia «a única casa con electricidade de todo o poboado», e mais por Maricarmen. Os seus foron, realmente, bos contos de lareira.

Xa para rematar, onte, os nenos da Escola Ambiental de Senda Nova puideron achegarse aos cruceiros. A Baldaio, polo Día dos Humidais, non puideron ir polo mal tempo.