Clausura do taller de acollemento lingüístico en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Jose Manuel Casal

O Pazo acollerá esta tarde un pequeno ágape multicultural, e máis a entrega de diplomas

13 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe, ás 18.00 horas, no Pazo de Carballo • Persoas de oito nacionalidades diferentes -República Dominicana, Colombia, China, Venezuela, Uruguai, Brasil, Paraguai e España (comunidade valenciana)- viñeron tomando parte dende primeiros de novembro nun obradoiro de acollemento lingüístico promovido dende o Servizo de Normalización de Carballo, do que é responsable Nel Vidal (imaxe). Non naceron en Galicia, mais quixeron aprender galego e cunhas nocións básicas desde idioma despediranse hoxe do curso. Será cun pequeno ágape, ás 18.00 horas, no Pazo da Cultura. Cada un deles levará para compartir algo típico do seu país. Nese acto recibirán tamén os seus correspondentes diplomas.