Finou a nai de Manuel Ferreiro, especialista en Eduardo Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

20 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Oliva Fernández Luaces, viúva de Cándido Ferreiro Cereixo, con parentes en Carballo, finou antonte en Saavedra (Begonte). O acto fúnebre tivo lugar onte na igrexa de Santa María de Saavedra. O finada era a nai de Manuel Ferreiro Fernández, profesor da Universidade da Coruña e especialista en Eduardo Pondal, do que acaba de publicar dúas escolmas literarias e máis un libro sobre a obra e a vida do autor do himno galego. Manuel Ferreiro é o segundo de cinco irmáns. A Fundación Pondal, da que Ferreiro é un gran colaborador, fixo público o seu pésame.