Pouco teatro e un tema moi coñecido

«Desexamos mergullarnos , unha vez máis, nas augas doces da escena, na beleza do espectáculo»

La primera función del programa de sala corrió a cargo de la compañía Titzina, que estrenaba «La Zanja» ante el público carballés el pasado 29 de septiembre.
La primera función del programa de sala corrió a cargo de la compañía Titzina, que estrenaba «La Zanja» ante el público carballés el pasado 29 de septiembre.

Marcharon as andoriñas: fin do estío; comezo do Outono. E con el, unha vez máis, encetámo-la estación nova, co FIOT: o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo. Cada ano máis grande. Grazas a el, a nosa vila vai sendo coñecida no país. Polo menos no eido artístico. Melloramos: antes non era así, precisamente. E nótase no ambiente; porque a xente acode á cita, coas súas mellores galas. E con ilusión. Coido que todos imos ó encontro do teatro como cativos diante da Noite de Reis: con auténtico afán. Queremos, desexamos mergullarnos, unha vez máis, nas doces augas da escena, na beleza do espectáculo, nas risas, nos choros, nas emocións... E así, como moitos máis, síntome afortunado de asistir, de novo, ás representacións deste fantástico Festival. E deste xeito, cheo o foro como sempre, e logo de saudar aquí e acolá, tomamos asento. Non sei se volo contara antes, pero non gusto de ler nada respecto do que vou ver. Entro así, a pelo: prefiro que me sorprenda e ir descubrindo, a poucos, as xoias da peza que imos ver. Só sei que son Titzina, cataláns eles, e que xa estiveron unhas tres ou catro veces no FIOT.

Apáganse as luces. Ábrese o pano. Expectación. Non hai decorados especiais, nin mobles que sorprendan, agás unhas cadeiras e pouco máis. O que chama a atención é, precisamente, a súa sobriedade. Nin as luces son especiais, nin a vestimenta dos dous actores que van desenvolver a obra, destacan por nada. Será que teñen un bo texto, penso para min. Se é así, non precisan moito máis. Poñamos atención. ¿De que vai o conto, hoxe? O primeiro que me chama a atención, as primeiras notas que collo, son os diálogos entre eles dous: que eslamiados, ¿non?. Que pouco naturais. Non hai sorpresa. Por non haber, a pouco que me fixo, non hai nin interpretación: semella un teatro lido: agora (falo) eu- agora ti. Sen sobresaltos, sen apenas entoación. A verdade é que nunca falamos así; como se souberas xa o que vai dicir o outro... ¡Oi, que leria!, co que me prace a min unha boa interpretación. Tampouco hai música, que nos transporte a algures. Comezo (por fin) a decatarme do texto: as minas. De contado vénme á cabeza a película Erin Brockovich, de Julia Roberts (intérprete): impresionante film, que trata o tema da explotación, abuso e aproveitamento dun pobo, por parte dunha compañía mineira, causante de graves trastornos de saúde na poboación. Pois aquí, o mesmo. Clavao. Pois si que imos ben: se non hai atrezzo que chame a nosa atención, nin música, nin iluminación que sorprenda; se a interpretación deixa moito que desexar, e o tema non está a altura... ¿entón, que pasa aquí? Pasa que decepciona. Falla o aspecto formal de teatro, de espectáculo; e falla o tema; que, como moito, a máis de un e de unha, faríalle lembrar o aínda quente asunto de Corcoesto: as nosas minas de ouro, co seu mercurio e co seu cianuro; e os nosos problemas coa empresa canadiana que levaba a explotación. Mais isto non era un conto.

Non acabo de comprender, como unha Compañía veterana ela, con xente profesional, pode amosar unha representación tan pobre e de tan pouco teatro. De tódalas veces, coido que foi a que menos me gustou. E tamén penso, que debeu haber moita parte de respectable que se aburriu con tal peza. Ou se cadra non; nunca se sabe. A ver se en vindeiras ocasións, subimo-lo listón e melloramos as emocións. En calquera caso, benvidos e benvidas, miñas donas, meus señores, e que teñades un bo FIOT.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Pouco teatro e un tema moi coñecido