In Memoriam: A José Manuel Vázquez Gómez

Asociac. Vieiro IN MEMORIAM

CARBALLO MUNICIPIO

03 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

José Manuel Vázquez Gómez, Pepe O Rayano, ou Pepe Vieiro, como eras coñecido polo noso pobo carballés.

Querido Pepe, lembrarte é facerche honra por ser quen de compatibilizar a túa vida profesional como traballador da banca cunha vida de compromiso social, de gran valor e diversidade, nos eidos deportivos, políticos e culturais, nos que a túa prioridade foi servir e axudar aos teus concidadáns e contribuír así a mellorar o teu pobo de Carballo. Cómpre salientar que, nun momento de grandes dificultades para a mocidade e para as familias da localidade, fundaches e fuches elixido Presidente da Asociación de loita contra a droga Vieiro, tema polo que xa amosaras preocupación previamente, na túa etapa política como concelleiro. Presidiches Vieiro ininterrompidamente durante 26 anos, logrando que sexa un referente fundamental na loita contra a drogadicción. Aínda lembro os difíciles comezos que, baixo a túa dirección e unidos fraternalmente, tivemos que superar: non escatimaches tempo nin esforzo para traballar, planificar e organizar, ata acadar unha asociación eficaz e crible que hoxe consideramos consolidada, querida e respectada en Carballo. Un traballo tamén recoñecido polas administracións local e autonómica. Con humildade, moita sinxeleza e grande responsabilidade atendías a enfermos por dependencia en drogadicción e ás súas familias, non importaba a hora nin o día, o importante era axudar, e por mor desa atención, salváronse moitos... Véñenme tamén á memoria os teus percorridos nocturnos, vixiando os puntos de venda da droga en lugares de moito risco que ti valentemente enfrontabas, dedicándolle tempo e valor. Son tantas e tantas as cousas ben feitas que nos deixas que non é posible recollelas neste breve glosa, pero permanecerán sempre no noso recordo. En nome da Xunta Directiva de Vieiro, mocidade e familias ás que con calor e agarimo atendestes: Moitas grazas Presidente. Nunca poderemos encher o baleiro que deixas, pero tentaremos ser fieis herdeiros do teu legado. Sempre serás o noso Presidente. Descansa en paz.

Mañana, misa a las 21.00 horas en la iglesia parroquial. La Xunta Directiva de la asociación Vieiro agradeció ayer los innumerables mensajes recibidos tras la muerte de José Manuel Vázquez Gómez. Recordaron, asimismo, su respeto a quien fue el presidente de la entidad desde su constitución, así como a otros miembros de la directiva ya fallecidos, como Enrique Liñares Blanco, Marino Sueiro Rodríguez, José Manuel Ponte Balboa, Genaro Amado Álvarez y Javier Fraile Ramos. Por tal motivo, y para recordarlos a todos ellos, habrá mañana una misa a las 21.00 horas en la iglesia parroquial San Xoán Bautista de Carballo. Vieiro, avanza, se mantendrá firme en su trabajo en la atención a las adicciones.