Carballo vive as Letras Galegas con música, libros e teatro

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

Conversas Cruzadas é o programa feito polo Concello e co que anima a empregar o galego

13 may 2017 . Actualizado a las 04:00 h.

As dúas ces e a filosofía que identifican ás licenzas «creative commons» son o punto de partida da campaña Conversas Cruzadas, deseñada polo Concello de Carballo para celebrar o Día das Letras Galegas. Nela englóbanse unhas vinte actividades e a idea de promover o uso do galego. «Podes usar e compartir a túa lingua, sen restricións, sen límites, sen dereitos reservados. En galego, ti tes a licenza!», explican os seus promotores.

mañá

Teatro con Vagalume

18.00 • Pazo da Cultura • A agrupación Vagalume pon en escena A bela non durminte e O club antimachotes.

martes 16

Contos

18.30 • Biblioteca Rego da Balsa • Sesión de contacontos con Luis Vallecino.

mércores 17

Pequebasket

De 10 a 18 • Pavillón Bergantiños • Festa deportiva organizada polo club Xiria.

Concurso de pintura

11.00 • Praza do Concello • Lumieira celebra o 37.º Concurso Infantil de Pintura e Debuxo Luis Calvo Sanz.

As Letras en Voces

12.00 • Xardín municipal • Lectura colectiva de textos de Carlos Casares e outros actores. Actuarán a Banda Municipal de Gaitas e outras agrupacións tradicionais.

xoves 18

«Alegría»

18.30 • Pazo da Cultura • Concerto para o público infantil a cargo de Sergio Tannus e a súa banda.

venres 19

Presentación literaria

20.30 • Local de Cances • Rafael Lema presenta Costa da Morte. Crónica marítima.

sábado 20

Traxes tradicionais

12, 16 e 19 • Pazo da Cultura • Segundas Xornadas arredor do traxe tradicional galego. Haberá tres faladoiros: tecido, enfiado e confección de botóns de fío.

Teatro con Vagalume

17 e 21 • Pazo da Cultura • Dato • Representación, en sesión dobre, de Escola de bruxas e Un mal día.

Curruncho Pop

20.30 • Biblioteca Rego da Balsa • Os Amigos dos Músicos tocarán no ciclo de concertos da biblioteca.

domingo 21

Teatro con Vagalume

18.00 • Pazo da Cultura • Representación de Eskul e Piratas, a lenda da Perla Rosa.

xoves 25

Presentación literaria

20.30 • Casino • A escritora cormelá Diana Varela Puñal presenta a súa novela Fin de festa.

venres 26

Monólogos R

21.00 • Pazo da Cultura • Noite de humor con Sergio Pazos, Víctor Grande e David Perdomo.

sábado 27

Cita con Arume

18.00 • Local social de Berdillo • Nova edición dos Encontros Culturais Arume.

xoves 8 de xuño

Aula de Teatro Municipal

21.00 • Pazo da Cultura • O grupo que forma e dirixe Artur Trillo representará Pequenas escenas 6.