«Hai un problema de orientación práctica, porque á xente só se lle venden expectativas favorables»

Antonio Álvarez González é avogado, máximo responsable do despacho Eurogabinete, de A Coruña.

s. g.
carballo/ la voz

Antonio Álvarez González é avogado, máximo responsable do despacho Eurogabinete, de A Coruña.

 -A acollida das xornadas foi tan boa que ata sorprendeu.

-Si. Creo que a xente, pese a todo o que se fala da recuperación, aínda hai moitos problemas, que agora chegan á fin, como avales, préstamos ou investimentos feitos cun pouco de alegría ou exceso de confianza. E, por outra parte, a xente ten que buscarse a vida para atopar unha forma de emprender. E a xente ten sede de ideas, de orientacións prácticas, que lle axuden a decidir sobre aquilo que queira facer, como alternativa á falta de traballo por conta allea.

-¿Ese é o principal obxectivo das xornadas?

-O principal obxectivo é tratar de presentarlle á xente datos estatísticos de fracasos. Dicirlle que hai saídas, como nas rotondas: sempre hai máis dunha. Ás veces, ao emprender empézase moi rápido e acábase mal. O que se lle vai a formular aos asistentes é que fagan ao revés: miren todo moi ben, que queren facer, como... E tamén hai barreiras de tipo administrativo, dende urbanísticas ata licenzas ou autorizacións. E se cotizas dende o primeiro momento, pero tardas seis meses en producir, son obrigas que, se se planificasen, non pasaría. Non se deben gastar os aforros ou a capacidade de endebedamento naquilo que sería necesario facer máis tarde.

-¿Existe suficiente apoios das Administracións? Por exemplo, para facer unhas xornadas deste tipo.

-Terían que partir das Administracións, das Universidades, sobre todo da CEOE e organizacións empresariais. É preocupante, e ata alarmante, que un pequeno despacho, coa colaboración do Concello de Carballo, dúas ou tres empresas e unha asociación, nos comprometamos a afrontar o custo que isto conleva (ninguén cobra, pero hai uns gastos de organización, un tempo, unha infraestrutura...). Hai un problema de falta de orientación práctica: á xente só se lle venden expectativas favorables.

Antonio Álvarez es abogado, responsable de Eurogabinete.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Hai un problema de orientación práctica, porque á xente só se lle venden expectativas favorables»